O ribeiro
Situado na Galicia meridional, no borde nor-occidental da provin
cia de Ourense. O Ribeiro aséntanse sobre unha superficie de 2.685 ha . de viñedo, situadas na confluencia dos vales dos ríos Miño, Avia, Arnoia e Barbantiño na provincia de Ourense.
Os viños desta comarca gozan dunha gran tradición, pois xa tiñan sona internacional no século XVI, cando na súa capital, Ribadavia, se estableceron normas para garantir a calidade e autenticidade dos ribeiros. Para o Ribeiro a vitivinicultura constitúe un punto de referencia ineludible no seu quefacer histórico, cun legado xenético orixinal e copioso que transmite a súa principal característica: a diversidade.
Os bordes montañosos illan esta comarca da influencia marítima atlántica, o que determina a súa menor pluviosidade respecto de outras próximas. O clima é temperado e húmido, con temperaturas medias de 14,5 graos centígrados. As terras son maioritariamente de orixe granítica e, en xeral, acedas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario