O vagaño

Asi quedan as uvas despois de pasar pola prensa, sen gota de mosto, o vagaño almacenase para despois facer augardente.
Publicado por
kafre
0
comentarios
Falamos de O viño do ribeiro
unha posta de sol de vendima
Publicado por
kafre
0
comentarios
Falamos de As cores, O pobo, O viño do ribeiro
As novas cepas
.jpg)
Cando se ve que unha cepa vai vella,uo esta mal plantase acaron dela unha cepa nova , protexida por un tubo, cando esta medra e se fai forte cortase a vella.
Publicado por
kafre
1 comentarios
Falamos de O viño do ribeiro
Unha gabia
As gabias, son buratos entre duas filas de cepas, nas que se enterran vides, follas, rama de acacias,estrume, esterco ou vagaño para abonar as viñas. Unha vez cheas tapanse, cada ano alternanse as gabias nas viñas.
Publicado por
kafre
0
comentarios
Falamos de O viño do ribeiro
Un feixe de vides
Este feixe usarase no seu momento para facer augardente,as ramas de vide introduceseno fondo do alambique, coa finalidade de que o bagaño, que vai enriba, non se torre no fondo do pote.
Publicado por
kafre
1 comentarios
Falamos de O viño do ribeiro
Unha morea de ghizos
Cando se fai a rodriga a madeira que esta vella, ghizos, cambiase por outra recen cortada,os ghizos aproveitanse para plantar o lume da lareira durante o ano.
Publicado por
kafre
0
comentarios
Falamos de O viño do ribeiro
Turismo no Ribeiro
Publicado por
kafre
0
comentarios
Falamos de O viño do ribeiro, Un pouco de turismo
O refraneiro do Ribeiro
- A cea de viño, almorzo de auga.
- A viña vella, amo novo.
- Abade que foi monaguillo ben sabe quen bebe viño.
- Algo ten a auga cando a bendicen ¡máis terá o viño cando o consagran!.
- Ao pan, pan e a o viño, viño
- Ao que bebe viño cheiralle o fuciño.
- Auga por San Xoan, quita viño e non da pan.
- Cando a formiga traballa, viño na parra.
- Cava fondo e terás anada dabondo.
- Cáveme quen quixer e pódeme quen souper.
- Con pan e viño ándase o camiño.
- De mal viño non sae bo vinagre.
- Día de San Martiño proba o teu viño.
- Do tinto non me arrepinto, do blanco non me espanto, o Jaén veña tamén.
- Maio come trigo e agosto bebe viño.
- Mentres que auga teña o Miño no Ribeiro non faltara o viño.
- Na noite de san Xoán, bebe viño e come pan.
- Nin ola sin touciño, nin xantar sin viño.
- O aceite das cepas cura moitas doenzas.
- Ó amigo do teu viño non o queiras de veciño.
- Ó bo taberneiro denantes de vender o viño bautizao primeiro.
- O bo viño dase de beber en cristal fino.
- O leite e o viño fan o vello mociño.
- O que non fuma nin bebe viño o demo o leva por outro camiño.
- O que non ten casa, nin viña, nin leira, avecíñase onde queira.
- O que se promete co viño, olvidase polo camiño.
- O viño afoga a mais homes que o mar.
- Ó viño das cepas vellas quenta as orellas.
- O viño fíxose pos reis e a auga pos bois.
- O viño que é chispeiro, non precisa pregoeiro.
- O viño tamén se fai de uvas.
- Onde entra o beber, sae o saber.
- Os homes son coma os viños: a idade agria ós malos y mellora os bos.
- Pan de onte, carne de hoxe e viño de antano: saúde para todo o ano.
- Poda curto e ara fondo, terás viño e pan dabondo.
- Poda en xaneiro vendima no sombreiro.
- Polo Pilar os nabos na terra e o viño a envasar.
- Polo San Martiño abaldoa o teu viño.
- Polo San Mateo vendima arreo.
- Por Santiago xa pinta o bago.
- Que chova que neve, quen ten sede bebe.
- Quen en marzo non pode a súa viña, perde a vendima.
- Quen non guste do viño, de Deus espere o castigo.
- Quen troca odre por odre, algun deles ha de ser podre.
- San Migueliño das uvas maduras, tarde me ves e pouco me duras.
- Santiaguiño pinta o viño, San salvador pintao mellor.
- Saúde, diñeiro e bo viño, e irme a gloria de camiño.
- Se trona en xaneiro sube as cubas ó fumeiro.
- Si queres coller bo viño pranta a viña cara o soliño.
- Tabaco, viño e muller botan un home a perder.
- Taberna sin xente ben pouco vende.
- Uva mollada pra viño non val nada".
- Vento, muller e fortuna, mudables coma a lua
- Viña ó pé do camiño ten mal veciño.
- Viño de viñas bellas, que ben te tomo e que mal me deixas.
- Viño e amores, de vello os mellores
- Viño e muller, danche a volta e póñente ó revés.
- Viño quitado,bebelo ou tiralo.
- Xamón e viño bello, estiran o pelexo.
Publicado por
kafre
0
comentarios
Falamos de Costumes, O viño do ribeiro
O sentir do cineasta viticultor do Ribeiro

O outro dia lin un artigo de "El país semanal" no que se lle facia unha entrevista a Jose Luis Cuerda, un cineasta que decidiu dedicarlle parte do seu tempo a viticultura no Ribeiro, a poucos kilometros de Lentille, en Gomariz.
Na entrevista preguntanlle ¿ non seria mais lóxico disfrutar da paisaxe e os esplendidos caldos do Ribeiro sen arriscar diñeiro e traballo?
El responde:
Sería mais lóxico, pero menos divertido. A implicación en algo como a viticultura, algo tan complexo, custoso, suxeito o azar meteorolóxico tan determinante como o error human, e absorvente, didactico e con un final case orgásmico: catar o teu viño e que cheire e sepa a gloria. Invitar os amigos e ver que o disfrutan. Vendelo, incluso e como xogar o poquer e gañar..."
As suas verbas expresan o sentir de todas aquelas persoas que se adicacan e adicaron a viticultura e sobre todo disfrutan e disfrutaban do seu traballo.
Publicado por
kafre
1 comentarios
Falamos de O viño do ribeiro, persoas coñecidas relacionadas con Lentille










.jpg)
.jpg)























