unha posta de sol de vendima
Publicado por
kafre
0
comentarios
Falamos de As cores, O pobo, O viño do ribeiro
un niño sen paxariños
o outro día atopei un niño de páxaro, parece mentira que estes animaliños tan febles, sexan capaces, soamente cos seus picos , de facer uns berces, tan ben feitos, para as suas crias.
Publicado por
kafre
0
comentarios
Falamos de O pobo
A igrexa de San Lourenzo
Veciños da parroquia de San Lourenzo da Pena consideran que a súa igrexa está ameazada polas constantes enchentes que soporta dende fai aproximadamente dous anos, despois da construción dun aparcamento no exterior.
A Deputación provincial había colaborado na habilitación dunha zona de estacionamento, que requiriu a construción dun muro de pedra e o recheo con area dunha considerable superficie que se atopa practicamente á altura do tellado da igrexa e á entrada do cemiterio.
A inclinación do terreo provoca o arrastre de terra sempre que llueve para o cemiterio e incluso ao interior da igrexa. Un muro de pedra de 15 metros, situado a dous metros da porta principal da igrexa, empezou a gretarse na base e a ceder perigosamente a súa estrutura por mor da acumulación de lodos. Á outra beira, no fondo, só quedan os restos dunha casa reitoral destruída por un incendio fai aproximadamente catro anos. Veciños como Francisco e Álvaro Galiño e Odilo Rodríguez están convencidos que co tempo o muro esborrallarase e que poderá afectar á estrutura da igrexa.
‘É necesario facer unha canalización axeitada dás augas para que non sigan minando non muro e reforzar este, porque se segue cedendo vai afectar ós cementos dá igrexa', sinalaron os veciños.
Entrementres, sempre que llueve se ven obrigados a limpar toda a lama que se acumula no contorno e no interior do templo. ‘Na última tormenta botamos toda unha mañá limpando e cargamos un tractor de barro', aseguraron os feligreses.
A nova completa AQUI
Publicado por
kafre
0
comentarios
Falamos de O pobo
O castro celta de Areas
Un castro é un poboado típico do noroeste da Península Ibérica durante a Idade do Ferro, no que se coñece como Cultura Castrexa.
Castros en Ourense
Castro da Cameixa (Boborás), Castro da Coroa (A Rúa), Castro da Xironda (Cualedro), Castro de A Pena (Cenlle), Castro de Areas (Cenlle), Castro de Astureses (Boborás), Castro de Armeá (Allariz), Castro de Castromao (Celanova), Castro de Lucenza (Cualedro), Castro de Magros (Beariz), Castro de Meimón (Boborás), Castro de Moldes (Boborás), Castro de Saceda (Cualedro), Castro de San Salvador (Allariz), Castro de San Millao (Cualedro), Castro de San Cibrao de Las (Punxín, San Amaro), Castro de Santa Cristina (Ribadavia), Castro de San Tomé (Ourense), Castro de San Trocado (Punxín), Castro de Torre da Cidá (Nogueira de Ramuín), Castro de Trelle (Toén), Castro da Veiga (Ribadavia), Castro de Ventosela (Ribadavia), Castro de Ventosela (Ribadavia), Castro de Vilachá (Boborás), Castro do Coto de Mosteiro (O Carballiño).
En lentille o parecer tamen temos un castro,na Lebada, algun día poñerei fotos.
Publicado por
kafre
0
comentarios
Falamos de O pobo
A procesión de Areas
O domingo de Resurreción, pola tarde,celebrase a procesión da Virxe de Areas, esta procesión vai dende a igrexa de Esposende ata a capilla de Areas, é o que se lle chama a subida da virxe,que duas semanas antes se baixa da sua capilla ata a igrexa de Esposende onde lle teñen a novena.En Lentille esta festa celebrase como propia.
Publicado por
kafre
0
comentarios
Falamos de O pobo