San Lourenzo dende o aire
Publicado por
kafre
0
comentarios
Falamos de os pobos veciños, vistas aereas
Pazos Hermos dende o aire
Publicado por
kafre
0
comentarios
Falamos de os pobos veciños, vistas aereas
A "marcha dos fouciños"
Nos anos sesenta,en Castrelo de Miño fixose unha mobilización en contra da construcción do encoro, foron os primeiros en mobilizarse . o seu motín, que comenzou coa "rebelión dos fouciños" das mulleres, cambiou o curso da historia recente do pais.
O primeiro sinal de que Castrelo de Miño non ía ser como os Peares ou Belesar dérono as mulleres. Unha mañá, baixaron por entre as viñas cos seus fouciños en alto e dirixíronse á gorxa onde se construía a presa. A "marcha dos fouciños", como a denominaron a partir de aí, non foi demasiado lonxe, porque a garda civil detóvoa antes de de puidesen chegar ó seu obxectivo, pero alertou as autoridades e a Fenosa -a compañía coonstructora do encoro- de que as augas, desta volta, podían desbordarse. Corría o ano 1965 e a revolta de Castrelos non facía máis que empezar.
Castrelo de Miño, pola súa inusitada rebeldía no medio dunha época silenciosa, marcou sen dúbida un fito entre as revoltas recentes do campesiñado galego e, por esa mesma causa, foi a máis literaturizada.
artigo completo aqui
Publicado por
kafre
1 comentarios
Falamos de os pobos veciños
Cenlle na Historia
As primeiras novas do concello de Cenlle son de cando o rei Leon Vermudo II “ O gotoso”que viña a Laias a tomar as augas termais, este rei morreu no ano 999.
Cenlle, á igual que a maior parte dos municipios do Ribeiro, estivo sometido aos dominios do Conde de Ribadavia, que chegou a ter un castelo na feligresía de San Lourenzo da Pena (En Roucos) e unha auditoria que hoxe é a Casa grande de Lentille. Dende o castelo exercía o seu poderío na zona, controlando os seus dominios e recadando os impostos aos seus subordinados e dependentes.
As primeiras referencias escritas sobre Cenlle remóntanse a un documento do ano 1238, no que o deán da catedral de Ourense afora ou arrenda a Abril Eáns varias propiedades, entre as que estaba unha seara situada perto do Poste (In Cauto de Ceeli). Pero como a maioría das parroquias galegas carece de historia gloriosa, de grandes feitos ou de batallas. Sempre foi unha terra de laboriosos labregos que non pensaban máis que en acrecentar a produción do viño, explotados polas clases dominantes: A catedral de Ourense, San Clodio, o Conde de Ribadavia..., e outros moitos que gozaron aquí de posesións, dos que actualmente pouco máis queda como testemuño que o mosteiro, os Pazos, as Casas Grandes e as Casas Reitorais. O nome da Tenencia (o campo da festa de Cenlle) lembrará para sempre que alí estaba a casa onde o bispo de Ourense recollía os froitos que anualmente recollía en concepto de foros e rendas.
Cenlle está situado na Histórica Terra de Castela, xa coñecida por esta denominación no século IX. Tal nome foi debido aos documento de 6 de decembro de 1258 figura co título de vila, que non se lle dá a ningunha poboación de arredor, agás a Ribadavia. Entre os documentos que, por unha razón ou outra, figura Cenlle, atopamos 7; e son por tanto datas da súa historia. Entre elas, só a primeira é de certo interes nacional, pero neste caso o protagonismo de Cenlle non é máis que porque o rei estamó a súa sinatura nun escrito encontrándose aquí, de paso para Ourense.
A importancia dos 6 restantes é exclusivamente socioeconómica, xa que por eles sabemos que os donos das terras e dos que traballábanas , así como dos cultivos, entre os que sosbresalía o das cepas
Publicado por
kafre
0
comentarios
Falamos de O pobo, os pobos veciños
San André de camporredondo
A parroquia de San André de Campo Redondo, pertence o
concello de Ribadavia, está situada o noroeste da provincia
de Ourense, a poucos kilometros de Lentille.
Publicado por
kafre
0
comentarios
Falamos de os pobos veciños
Areas


Capela da virxe de Areas Barroco tardio,
capela situada entre Esposende e Lentille,
contan os mais vellos da zona que esta capela foi
disputada polos veciños de Lentille e os de Esposende


Publicado por
kafre
0
comentarios
Falamos de O pobo, os pobos veciños, Un pouco de turismo