Cenlle na Historia

As primeiras novas do concello de Cenlle son de cando o rei Leon Vermudo II “ O gotoso”que viña a Laias a tomar as augas termais, este rei morreu no ano 999.
Cenlle, á igual que a maior parte dos municipios do Ribeiro, estivo sometido aos dominios do Conde de Ribadavia, que chegou a ter un castelo na feligresía de San Lourenzo da Pena (En Roucos) e unha auditoria que hoxe é a Casa grande de Lentille. Dende o castelo exercía o seu poderío na zona, controlando os seus dominios e recadando os impostos aos seus subordinados e dependentes.

As primeiras referencias escritas sobre Cenlle remóntanse a un documento do ano 1238, no que o deán da catedral de Ourense afora ou arrenda a Abril Eáns varias propiedades, entre as que estaba unha seara situada perto do Poste (In Cauto de Ceeli). Pero como a maioría das parroquias galegas carece de historia gloriosa, de grandes feitos ou de batallas. Sempre foi unha terra de laboriosos labregos que non pensaban máis que en acrecentar a produción do viño, explotados polas clases dominantes: A catedral de Ourense, San Clodio, o Conde de Ribadavia..., e outros moitos que gozaron aquí de posesións, dos que actualmente pouco máis queda como testemuño que o mosteiro, os Pazos, as Casas Grandes e as Casas Reitorais. O nome da Tenencia (o campo da festa de Cenlle) lembrará para sempre que alí estaba a casa onde o bispo de Ourense recollía os froitos que anualmente recollía en concepto de foros e rendas.

Cenlle está situado na Histórica Terra de Castela, xa coñecida por esta denominación no século IX. Tal nome foi debido aos documento de 6 de decembro de 1258 figura co título de vila, que non se lle dá a ningunha poboación de arredor, agás a Ribadavia. Entre os documentos que, por unha razón ou outra, figura Cenlle, atopamos 7; e son por tanto datas da súa historia. Entre elas, só a primeira é de certo interes nacional, pero neste caso o protagonismo de Cenlle non é máis que porque o rei estamó a súa sinatura nun escrito encontrándose aquí, de paso para Ourense.

A importancia dos 6 restantes é exclusivamente socioeconómica, xa que por eles sabemos que os donos das terras e dos que traballábanas , así como dos cultivos, entre os que sosbresalía o das cepas

No hay comentarios:

 
ir arriba