Cenlle

Cenlle é un pequeno municipio (29 km2), que forma parte da Comarca do Ribeiro. Está situado entre os ríos Miño e Avia,xusto no rompente dos ventos, como escoitábase dicir nalgunhas partes de Galicia. O primeiro báñao polo sur e sueste, e o segundo polo oeste, actuando ambos como límites de termo municipal. Poucas poboacións contan con tanta luminosidad no verán e con tan fermosos amenceres cando o sol desaparece aos poucos, como sen querer facelo, por detrás das montes de Pena Corneira, por iso o seu nome talvez teña algo que ver co ceo, coas terras altas de abundante luz, tendo en conta onde está situado, con respecto aos fondos vales onde asíntanse Ribadavia, Leiro, Ventosela, San Clodio... O Concello de Cenlle vai de río a río, do Miño ao Avia, que en tempos antaños, incluso para os nosos avós, estas correntes de auga formaban unha parella, a semellanza do home e a muller: ao primeiro sempre se lle aplica o xénero masculino, mentres que ao segundo é considerado feminino.

Conta con dez parroquias
Barbantes
Cenlle
Esposende
Laias
Osmo
Pena ( Lentille, Pazos,Cuñas e Roucos)
Razamonde
Sadurnín
Trasariz
Vilar de Rei


A N-120 que segue o curso do río Miño, a autovia da rias baixas ,tres estradas locais e a liña de ferrocarril Ourense - Vigo, que conta cunha estación en Barbantes, constitúen as principais vías de acceso a este municipio ourensán que ten como capital a Xuvín..


Fai 50 anos a súa era superior os 5000 habitantes, hoxe en día non chega os 2000,moitas son as causas e unha soa a resposta: a inmigración.


No hay comentarios:

 
ir arriba