O refraneiro do Ribeiro
- A cea de viño, almorzo de auga.
- A viña vella, amo novo.
- Abade que foi monaguillo ben sabe quen bebe viño.
- Algo ten a auga cando a bendicen ¡máis terá o viño cando o consagran!.
- Ao pan, pan e a o viño, viño
- Ao que bebe viño cheiralle o fuciño.
- Auga por San Xoan, quita viño e non da pan.
- Cando a formiga traballa, viño na parra.
- Cava fondo e terás anada dabondo.
- Cáveme quen quixer e pódeme quen souper.
- Con pan e viño ándase o camiño.
- De mal viño non sae bo vinagre.
- Día de San Martiño proba o teu viño.
- Do tinto non me arrepinto, do blanco non me espanto, o Jaén veña tamén.
- Maio come trigo e agosto bebe viño.
- Mentres que auga teña o Miño no Ribeiro non faltara o viño.
- Na noite de san Xoán, bebe viño e come pan.
- Nin ola sin touciño, nin xantar sin viño.
- O aceite das cepas cura moitas doenzas.
- Ó amigo do teu viño non o queiras de veciño.
- Ó bo taberneiro denantes de vender o viño bautizao primeiro.
- O bo viño dase de beber en cristal fino.
- O leite e o viño fan o vello mociño.
- O que non fuma nin bebe viño o demo o leva por outro camiño.
- O que non ten casa, nin viña, nin leira, avecíñase onde queira.
- O que se promete co viño, olvidase polo camiño.
- O viño afoga a mais homes que o mar.
- Ó viño das cepas vellas quenta as orellas.
- O viño fíxose pos reis e a auga pos bois.
- O viño que é chispeiro, non precisa pregoeiro.
- O viño tamén se fai de uvas.
- Onde entra o beber, sae o saber.
- Os homes son coma os viños: a idade agria ós malos y mellora os bos.
- Pan de onte, carne de hoxe e viño de antano: saúde para todo o ano.
- Poda curto e ara fondo, terás viño e pan dabondo.
- Poda en xaneiro vendima no sombreiro.
- Polo Pilar os nabos na terra e o viño a envasar.
- Polo San Martiño abaldoa o teu viño.
- Polo San Mateo vendima arreo.
- Por Santiago xa pinta o bago.
- Que chova que neve, quen ten sede bebe.
- Quen en marzo non pode a súa viña, perde a vendima.
- Quen non guste do viño, de Deus espere o castigo.
- Quen troca odre por odre, algun deles ha de ser podre.
- San Migueliño das uvas maduras, tarde me ves e pouco me duras.
- Santiaguiño pinta o viño, San salvador pintao mellor.
- Saúde, diñeiro e bo viño, e irme a gloria de camiño.
- Se trona en xaneiro sube as cubas ó fumeiro.
- Si queres coller bo viño pranta a viña cara o soliño.
- Tabaco, viño e muller botan un home a perder.
- Taberna sin xente ben pouco vende.
- Uva mollada pra viño non val nada".
- Vento, muller e fortuna, mudables coma a lua
- Viña ó pé do camiño ten mal veciño.
- Viño de viñas bellas, que ben te tomo e que mal me deixas.
- Viño e amores, de vello os mellores
- Viño e muller, danche a volta e póñente ó revés.
- Viño quitado,bebelo ou tiralo.
- Xamón e viño bello, estiran o pelexo.
Publicado por
kafre
0
comentarios
Falamos de Costumes, O viño do ribeiro
Un correquetecaghas e unha levita do avo
Recordo na infancia cando meu avo ia a feira a Ribadavia sempre lle preguntaba ¿que me vas traer? el sempre me contestaba: "Un corre que te caghas e unha levita", cando chegaba case sempre me traia unha rosquillas ou uns melindres pero o corre que te cagas e a levita nunca os vin diante, nin sei o que son!!!!,pero as rosquillas que boas estan!
Publicado por
kafre
0
comentarios
Falamos de Costumes
Os cantos de Reis
Unha tradición habitual nas nosas festas de Nadal era ir cantar polas casas. Grupos de mozas e de mozos percorrían a aldea ou parroquia cantando estas pezas de literatura popular e transmitidas oralmente ó longo dos séculos. A cambio do seu cantar, a mocidade solicitaba o aguinaldo, xeralmente en especie (viño, chourizos, touciño, doces, lambetadas, etc.), que despois consumían todos xuntos facendo unha festa ou foliada.
Aínda que o tipo de composición mudase para cada data, a tradición de reunírense os mozos da aldea para ir cantar de casa en casa estas pezas tradicionais era a mesma por todo o país e o obxectivo tamén: conseguir algo de xantar e algunhas lambetadas para monta-la festa.
En Nadal cantábanse panxoliñas ou nadais, en Fin de Ano as xaneiras, manueis ou aninovos e a vispera de Reis os cantares de reis ou aguinaldos.
Nolmalmente os temas das cancións estaban relacionadas co Nadal. No caso dos cantos de Reis a temática adoita xirar arredor da visita e adoración dos Reis Magos a Cristo, a fuxida da Sagrada Familia a Exipto, a viaxe de Nazaret a Belén de Xosé e de María e a procura dun lugar onde parir.
Case a totalidade dos cantos de Reis relatan unha viaxe ou falan dun camiño o cal tampouco é casual se temos en conta que o Nadal coincide co período de mínima potencia solar e co intre no que o Sol comenza o seu renacemento cíclico a partir do solsticio de inverno. O Sol viaxa constantemente e o camiño representa a búsqueda dunha nova vida.
Estes cantos de Reis soían comezar cunhas estrofas de presentación dos “reiseiros” na que se pedía permiso ou licencia para cantar na casa. A continuación viña o propio relato ou canto de Reis e adoitaban finalizar cunha de loubanza ós da casa onde cantaban, en caso de obte-lo aguinaldo desexado, pero tamén podía rematar dun xeito ferinte, e mesmo insultante, no caso contrario, facendo saber ós veciños quen estaba menos disposto a comparti-los seus alimentos. De seguido tocábse unha “jota” ou muiñeira e convidaban a danzar ós da casa.
Estes tipos de cantos son melodías longas e lentas, cantadas case sen respirar, con multitude de mordentes e adornos propiciados pola gaita. Conforman un estilo propio de canto, guturais, pisando os finais de estrofa cos comezos. Polas letras e melodías destes cantos percíbese que son de corte culto. Moitos deles teñen que ver con cantos gregorianos e cantares relixiosos dos séculos XV e XVI que foron adaptados e transformados polo pobo.
A meirande parte deles son en castelán ou castrapo, debido a súa orixe nos textos bíblicos ou eucarísticos, que eran sempre nesta lingua. Outras veces se a casa onde se cantaba era de “señoritos” entón trocábase nos cantos o galego polo castelán, para agrada-los anfitrións.
Estes cantos de Reis eran interpretados por cuadrillas ou xugadas de homes, mozos e nenos que recorren as casas dando a boa nova cantando. Estes grupos de Reiceiros compóñense dun gaiteiro e dun ou varios cantores e incorporan, ocasionalmente, percusión e instrumentos varios, sobre todo instrumentos denominados humildes (botella de anis, cunchas, paus, piñas, etc.) que eran os que se podían atopar fácilmente nas aldeas.
Publicado por
kafre
0
comentarios
Unha nova sobre a matanza
Sacrificar o porco a coitelo será a partir do sábado obxecto de sanción
A Xunta non prevé aumentar inspeccións, pero admite que o atordamento previo non está aínda xeneralizado
A lei de benestar animal entra en vigor en plena eclosión dos matanzas en Galicia
A Lei 32/2007 para o coidado dos animais entrará en vigor o sábado, xusto o día en que media Galicia celebra unha liturxia que sofre os embates da modernidade pero que aínda conserva un notable arraigamento cultural: o matanza do porco. Un dos preceptos que establece esta lei é a obrigatoriedade do atordamento previo no sacrificio dos animais de produción, algo que xa era preceptivo, pero que, por vez primeira, conta cunha norma de rango suficiente como para tipificar claramente as infraccións e establecer un réxime sancionador. A consecuencia é que sacrificar un porco sen aturdilo previamente, é dicir, con dor, supoñerá unha infracción leve da lei e poderá ser sancionado con multas de ata 600 euros.
Esa é polo a interpretación que fai a Xunta de Galicia, que non ten previsto incrementar a partir do sábado o seu réxime de inspeccións. Fontes da Consellería de Medio Rural confirmaron que o día 8 haberá inspeccións aleatorias e que é posible que un inspector se presente nunha explotación particular, aínda que serán as mesmas que as de calquera outro día.
O matanza domiciliaria xa se viu sometida a unha nova normativa fai uns anos, cando o anterior Goberno autónomo redactou unha serie de preceptos que, tras ser anunciados, non chegaron á fase de publicación e, polo tanto, non foron de aplicación obrigatoria. Agora, matar a un porco a coitelo convértese nunha infracción que, se ben non ten unha contía mínima e podería ser resolta cun simple apercibimento, en caso de reincidir converteríase nunha falta grave e exposta a recibir unha sanción de entre 601 e 6.000 euros.
Publicado por
kafre
2
comentarios
A matanza do porco
Anque o día propio é o 11 de novembro a matanza, para comodidade de todos adóitase facer calquera sábado a partir desa data, sempre que sexa tempo de frío ou xeadas e a lúa estea en cuarto minguante (coa lúa chea os xamóns collen cisma ou o que se soe chamar "bicho").
As mulleres encárganse de recoller o sangue, e de o ir remexendo para que non calle, e que se ha comer en forma de filloas de sangue ou mesturado con faragullas de pan pasado pola tixola, ou en forma de morcilla, en Lentille eu recordo que antes o sangue tamen se cocia e despois serviase cortado en forma de dados acompañado por aceite de oliva e allo. En certos lugares de Galicia e costume que matachín cando remata fai unha cruz no sangue co seu coitelo.
O seguinte paso consiste en chamuscar o porco , crubindoo con fentos
secos ou palla, para limparlle a pel e quitarlle os pelos e os pezuños. Logo de queimalos compre pasarlle unha auga e fregalos cunha pedra.
O traballo máis complexo é abrir o animal en canle, que se fai no propio banco ou enriba dunha mesa. Sácanselle o unto, as tripas, e todos os interiores, cos que se farán os diversos alimentos, As mulleres preparan a mesa para separar as tripas e quitarlles a graxa e os recortes. A graxa lávase minuciosamente nun regato ou nunha fonte e ponse en sal. Co redocelo, unha graxa fina que hai entre as tripas, obtéñense os chicharróns ou roxóns, e coa que arrodea os riles se fai o unto, que logo se colga a afumar durante varios días.
Durante esa noite o porco queda aberto, pendurado na adega con dúas varas atravesadas para que non peche. Esa mesma tarde as mulleres pican unha morea de cebolas, que logo se cocen e se deixan escorrendo ata o día seguinte. Escaldanse e limpanse os boches ou pulmóns. O dia da matanza todos os que axudaban na matanza comian e ceaban na casa onde se mataba o porco, era unha festa na que participaban toda a familia e veciños.O día seguinte tállase o porco e sepáranse as carnes de sangue para facer os chourizos de cebola e as carnes máis limpas para facer os chourizos de carne. Tamén se lava e se salga, esfragándoo con cebola ou viño branco para que o sal teña humidade e penetre mellor. Logo déixase na maseira. Os días para a salgadura van en razón dos quilos de carne (un quilo por día).Consérvase a cachucha, os ósos da soá ou espiñazo, os lacóns, os xamóns, , o corazón e o rabo. Ó xamón hai que lle escoar ben o sangue antes de salgalo para que no
n se estrague. Unha vez lavado e salgado ponse uns días a afumar e despois cólgase.Con posterioridade preparan a zorza, carne picada e adobada coa que se farán os chourizos. Durante os dous dias posteriores dáselle voltas ó adobo para ver como vai. Esa mesma tarde coa zorza e a cebola cocida o día anterior énchense os chourizos de cebola e o dia seguinte os de carne.
Unha vez enchidos os chourizos atanse e poñense a afumar, Asi remata a faena da matanza.
Publicado por
kafre
17
comentarios
ingedientes para un bo magosto

Coma elemento básico e imprescindible do magosto citarémo-la castaña, nai e filla do castiñeiro.
O segundo elemento é o lume, con todo o que simboliza, como representación do deus sol dador de vida e elemento purificador.
Outro elemento importante do magosto é o viño, que non deixa de se-lo sangue da terra.
Pan de centeo e millo, empanadas, chourizos, patacas (que se soen asar no lume sen depenar), e augardente para a queimada (de novo outra purificación), son suficientes para este día de troula.
Ocupa un lugar eminente a leña, outro froito da terra, para facer un bo lume.
EN LENTILLE antes asabanse as castañas na lareira con frouma(folla do piñeiro seca) , hoxe esta tradición ainda existe so que en vez de frouma usanse máis os asadores.
Publicado por
kafre
0
comentarios
Falamos de Costumes
Orixe da festa do magosto

É unha festa de orixe pagá que logo foi cristianizada, e, como tódalas festas de carácter agrario, pode situarse na Prehistoria, cando o ser humano vai adquirindo consciencia individual e social . É unha festividade relacionada co culto á fecundidade; de aí a súa relación directa co lume, representando ó sol, deus fecundador da terra. Trátase tamén dunha comida comunitaria e ritual que reforza os vencellos comunitarios do mundo rural, galego; ten un carácter alegre e de acción de gracias polos froitos recolleitos, así coma de homenaxe ós castiñeiros e as castañas. Con posterioridade foi asociada ós santos e defuntos, por iso se festexa o 1 de novembro, por ser unha comida que simboliza a morte do ciclo solar anual. Máis tarde nas terras de Ourense pasou a celebrarse o día 11 de novembro, festividade de San Martiño de Tours, padroeiro da cidade das Burgas. De Ourense espallouse por toda Galicia, collendo novos matices, aínda que corre risco de perde-la súa orixinalidade e espontaneidade popular tradicional Segundo crenzas antigas a castaña era como un símbolo da ánima dos defuntos.Tradicionalmente outono, castaña e defuntos aparecen asociados na festa dos magostos. Enténdese que cada castaña comida é unha alma liberada do purgatorio. Dise tamén que despois da festa as almas viñan a quentarse nas brasas das fogueiras, polo que cumpría deixar algo de castañas para a parroquia dos mortos. Murguía consideraba a festa do magosto coma un banquete funerario no que a castaña e o viño simbolizarían a morte e a vida. Hoxe en día fanse na eira da casa, nas adegas, nas lareiras das cociñas, pero segue a tradición de facelas no monte ou nun escampado no que o lume non poida facer mal. Prepárase con certa antelación, poñéndose de acordo para coñecer o que aportará cadaquén, sobre todo castañas e viño, e tamén chourizos e augardente para a queimada. Unha tarde solleira á hora da merenda-cea é ideal para a celebración do magosto. Despois de xantar, a partir das tres comézase a face-los preparativos. Iníciase a andaina camiño do monte, atopándose con outras familias ou grupos de amigos, búscase o lugar apropiado( escampado, encrucillada, longa laxa de pedra), todos van cantando e facendo leiras. Búscase frouma, palla, tamén acios de morodos que neste tempo están a madurar. Acéndese o lume, arde, inicialmente tóstase loureiro para que de cheiro e produza ruído, e tamén muñicos de verde para que de columnas de fume branco mesto. Xa reunidos e amoreada a frouma necesaria precederase a pica-las castañas para que no rebenten. Espérase que desapareza o lume e fiquen as brasas para esparexe-las castañas, controla-lo seu punto.
Publicado por
kafre
0
comentarios
Falamos de Costumes
O Magosto
A festa do Magosto
No mes de Novembro, a castaña recupera a importancia que o millo e a pataca lle arrebataron nas lareiras galegas hai varios séculos. Nestes días rendeselle culto, é o Magosto.
INTRODUCCIÓN
O aire das frías noites do 1 e o 11 de novembro levou sempre en Galicia o recendo das castañas asadas. O Magosto era o tempo que os galegos reservaban para honra-las colleitas, despois do equinoccio, un costume que nestes últimos anos se intenta recuperar.
Proclamada de novo raíña, o queixume da castaña mentres é cociñada convida a compartir con familiares e amigos as horas nocturnas alumeados polas faíscas da lareira e a luz das lapas baixo o ceo raso.
Ó rito que acompaña a noite no lle falta de nada. Festa de mozos e mozas, eles traen o viño tinto novo -o primeiro da colleita do ano-, mentres elas xuntan os froitos.
Para asalas colocase sobre o chan a foupa -agulla de piñeiro, toxo o loureiro- e enriba dispóñense as castañas, que serán cubertas por un novo manto de foupa. Cando está preparado, préndese o lume na capa de abaixo, que será a que sinale o ritmo da celebración, e en canto se apaguen as lapas indicará que as castañas están listas para comer. Con viño -nalgúns sitios adozado con mel-, chourizos e pan remata o suculento menú, e a sobremesa póñena os xogos, os contos de ánimas e monstros e a latricada.
Os nenos non faltarán ó seu divertido costume: collerán un puño de cinza e tisnarán as caras uns a outros, chanza que repetirán logo cos adultos. Entre carreiriñas, berros, tonas de castaña, anacos de chourizo, charlas e grolos irá transcorrendo calma unha noite especial que, doutra volta en torno ó lume, tenta irmandar ó galego cuns devanceiros ós que segue unido polo vencello da tradición.
Di o refrán: "Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto".
Novembro representa, en terras galegas, o tempo do Magosto e o comezo da temporada da matanza do porco.
Por San Martiño celébranse reunións en casas e barrios durante as que se comen castañas asadas acompañadas por chourizos e polo primeiro viño tinto da colleita do ano.
Tradicionalmente, os galegos facían esta festa, na que aparecía tamén o compoñente purificador do lume, para honrar as colleitas. En tempos pasados o banquete remataba con lendas e contos fantásticos relatados polos maiores, e os cativos tisnábanse uns a outros a face coa borralla do lume.
A ORIXE DO TERMO
Hai varias teorías sobre a orixe do seu nome: mentres uns coidan que vén do latín "magus ustus" algo así co significado "gran fogueira", outros especialistas pensan que "Magosto" deriva do latín "magro" coa equivalencia de grande, con algo de "magus", máxico o feiticeiro.....
Publicado por
kafre
0
comentarios
Falamos de Costumes
As fases luares
En lentille, do mesmo xeito que na maioria dos pobos agricolas, as fases luares son moi importantes xa que a maioria das actividades agricolas teñen en conta a fase na que se atopa a lua para facer certas cousas como: plantar hortalizas, cambialo viño, embotellar o viño ou recoller certos froitos.
Publicado por
kafre
0
comentarios
Falamos de Costumes, curiosidades, O pobo
Que é unha Ribeirana
Baile tipico e popular da comarca do ribeiro,
a ribeirana é unha danza ritmica, caenciosa,
ármonica e de natural elegancia, que se baila
por parellas soltas cos brazos en cruz,
executando dificiles trenzados de pes.
Como baile diferenciase da muiñeira común
en que se baila por parellas aisladas,
ainda que tomen parte moitas a un tempo,
e en que o “paseo” o volta de conxunto das
outras muiñeiras, son dados aquí pola muller
rodeando a sua parella, e incluso, as veces,
a que baila o seu caron .
A ribeirana ten movementos máis marcados
e actitudes máis vivas na mullerer do que é
habitual noutras muiñeiras e a música tamen
ten partes máis axitadas contrastando
con partes máis lentas.o nome de ribeirana
debese, según alguns investigadores, a que é
unha modalidade característica da comarca do
Ribeiro, según outros a que era bailada nas
zonas da ribera marítima.
Publicado por
kafre
0
comentarios
A oliva
A oliva de Lentille, é unha árbore con tradición.
A esta árbore, que esta preto da fonte do Eiteiriño,
acudian os veciños de Lentille para o Domingo de Ramos
levar algunha poliña a San Lourenzo para bendicir.
Publicado por
kafre
0
comentarios
Falamos de As arbores, Costumes
.jpg)



















