O Magosto

A festa do Magosto

No mes de Novembro, a castaña recupera a importancia que o millo e a pataca lle arrebataron nas lareiras galegas hai varios séculos. Nestes días rendeselle culto, é o Magosto.

INTRODUCCIÓN

O aire das frías noites do 1 e o 11 de novembro levou sempre en Galicia o recendo das castañas asadas. O Magosto era o tempo que os galegos reservaban para honra-las colleitas, despois do equinoccio, un costume que nestes últimos anos se intenta recuperar.

Proclamada de novo raíña, o queixume da castaña mentres é cociñada convida a compartir con familiares e amigos as horas nocturnas alumeados polas faíscas da lareira e a luz das lapas baixo o ceo raso.

Ó rito que acompaña a noite no lle falta de nada. Festa de mozos e mozas, eles traen o viño tinto novo -o primeiro da colleita do ano-, mentres elas xuntan os froitos.

Para asalas colocase sobre o chan a foupa -agulla de piñeiro, toxo o loureiro- e enriba dispóñense as castañas, que serán cubertas por un novo manto de foupa. Cando está preparado, préndese o lume na capa de abaixo, que será a que sinale o ritmo da celebración, e en canto se apaguen as lapas indicará que as castañas están listas para comer. Con viño -nalgúns sitios adozado con mel-, chourizos e pan remata o suculento menú, e a sobremesa póñena os xogos, os contos de ánimas e monstros e a latricada.

Os nenos non faltarán ó seu divertido costume: collerán un puño de cinza e tisnarán as caras uns a outros, chanza que repetirán logo cos adultos. Entre carreiriñas, berros, tonas de castaña, anacos de chourizo, charlas e grolos irá transcorrendo calma unha noite especial que, doutra volta en torno ó lume, tenta irmandar ó galego cuns devanceiros ós que segue unido polo vencello da tradición.

Di o refrán: "Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto".

Novembro representa, en terras galegas, o tempo do Magosto e o comezo da
temporada da matanza do porco.

Por
San Martiño celébranse reunións en casas e barrios durante as que se comen castañas asadas acompañadas por chourizos e polo primeiro viño tinto da colleita do ano.

Tradicionalmente, os galegos facían esta festa, na que aparecía tamén o compoñente purificador do lume, para honrar as colleitas. En tempos pasados o banquete remataba con lendas e contos fantásticos relatados polos maiores, e os cativos tisnábanse uns a outros a face coa borralla do lume.


A ORIXE DO TERMO

Hai varias teorías sobre a orixe do seu nome: mentres uns coidan que vén do latín "magus ustus" algo así co significado "gran fogueira", outros especialistas pensan que "Magosto" deriva do latín "magro" coa equivalencia de grande, con algo de "magus", máxico o feiticeiro.....

No hay comentarios:

 
ir arriba