A lenda do puzo do Lago


Os habitantes desta poboación eran campesiños. Case todos acostumaban a darlle algo ós pobres vagabundos que por aló pasaban. Pero un día de verán, apareceu un home que parecía ser un mendigo pola roupa vella que levaba.

Segundo din, este era Xesúscristo disfrazado. Pediulle algo de comer a algún veciño, que decidiron facerlle un pan.

Colleron o necesario para metelo ó forno. Cando o sacaron viron que aumentara demais e non llelo deron. O mesmo pasou a segunda e terceira vez. Entón decidiron facerlle un pan de borralla para non estropea-la fariña. Cando o sacaron déronllo ó mendigo, (Xesúscristo). Este viu tódalas malas accións daqueles homes e decidiu castiga-lo pobo dicindo:

Lago, eu sulágote
co de arriba para abaixo

E así foi como esta poboación fica agora debaixo da auga. A este lugar chamáselle agora Puzo do Lago. Agora fíxose unha pista para carreiras de cabalos ó redor do Puzo.

No hay comentarios:

 
ir arriba