Maria soliña
Non queda ningunha pegada física de María Soliña pero a pesar disto a suposta bruxa de Cangas esta na memoria popular pola sua triste historia.
O Seu pai e o seu home, os dous mariñeiros, morreron victimas da piratería turca. Soa e desamparada, xa de ancia mendigou polos camiños e chegouse a dicir dela que era bruxa ata caer nas fouces do temible tribunal do Santo Oficio.

Maria soliña foi a que máis trascendeu do seu tempo, inmortalizada en cantares como o que di: "Ay que soliña quedaches, María, María Soliña". Esta cantiga parece indicarnos que as xentes a lembraron, maís que como maléfica e perniciosa bruxa, como unha pobre e desgraciadísima muller, reflexo de tódolos sufrimentos do pobo.
María Soliña, posuidora de dereitos de presentación en Aldán e Moaña, entrou nos cárceres secretos da Inquisición no 1621. Todo o proceso foi dirixido a demostrar que esta inofensiva muller gozaba de poderes demoníacos, capaces de provocar incontables males, e que entregara a súa alma ó diaño. Pero foron as propias confesións de María Soliña, provocadas polo suplicio, as que chegaron a roza-lo paroxismo. Asegurou ser bruxa dende había máis de 20 anos, e ter tido actos nefandos co demo durante longo tempo, o cal se lle aparecía en forma de home.

E mentres isto declaraba, María Soliña suplicaba clemencia ó Tribunal e proclamaba o seu arrepentimento, pois aseguraba que xamais renegara de corazón de Noso Señor, senón só de palabra. Todo isto revela a desesperación anímica desta muller, como consecuencia dunha terrible tortura física e psicolóxica. O 23 de xaneiro de 1622 chegou por fin a sentencia. Foi condenada cunha confiscación de bens, debendo porta-lo hábito penitencial durante medio ano. Non sabemos se chegou a cumprir toda a pena, pois probablemente a súa vida non durou moito máis. As secuelas físicas do tormento non podían deixar de notarse nunha muller de 70 anos de idade. A súa acta de defunción non foi atopada aínda. Tal vez algún día descubramos onde repousan os seus castigados restos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario