Algo mais sobre a cadeliña abandoada

Fai uns dias escribin unha especie de denuncia ante os abandonos de cans por parte dos cazadores en Lentille , pois hoxe 10 dias despois a situación é a mesma, a cadeliña segue polo pobo, ninguen veu buscala e ademais avisouse o seprona chamouse a protectora de animais de Ourense, a perrera de Carballiño e todos nos din que o Concello ten a obriga, por Lei, de facerse cargo dos animais abandoados, que ainda que nos levemos a cadeliña a protectora eles non a poderian recoller, porque é o noso Concello o que ten que facer algo.
Chamouse o concello fai dez dias e volveuse chamar e nada como eu me temia, todo son escusas, que si é un Concello pequeno, que se antes tiñan convenio coa perrera de Carballiño pero agora non........, escusas e máis escusas, como sempre ocorre con este Concello , teñen a obriga por lei de facer as cousas e non as fan, o mesmo conto de sempre e mentres a cadeliña segue por Lentille asustada e morta de fame non esta porqure alguns lles damos algo de comer, ¿Que queda por facer?

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu teño dous cadeliñas coma esas,adoptadas.O que eu faría sería, si non podes adoptala tí, publicítáa na rede para que a adopten ou lévaa no coche a una protectora, ten que haber algo pola zona de Ourense.As miñas son da perreira municipal da Coruña e de Apadan.Sorte

kafre dijo...

Eu non podo adoptala porque xa teño dous,e tampouco a podo levar a protectora porque a unica que temos esta en Ourense e xa me dixeron que non ma recollian porque non esta no seu concello.

abueloscrisytoño dijo...

Mentras teña comida e algun curruncho donde agocharse...

 
ir arriba