A cadeliña segue en Lentille

fai duas semanas presentouse unha reclamación no Concello, dous dias despois viñeron a os da perrera de Carballiño a ver se tiña Chip, pero como ela non se deixa tocar nin polos que lle damos de comer, pero como non puderon dixeron que virian o dia seguinte cunha xaula para levala, o dia seguinte voltaron pero con malas novas, tiñan un problema nas suas instalacions e ata que se solucionase non poderian vir a por ela, eso si deixaron comida para que lla deramos, dixeronnos que chamasemos en quince dias, chamamos e ainda seguen a ter problemas. Mentras tanto o Concello non se dignou a facer unha chamada para ver se o problema se solucionara, asi que teremos que poñerlles outra reclamación que parece que é o único xeito de que nos fagan un pouco de caso
Esta é a reclamación que se lles fixo chegar:

Expoño:

Que dende o pasado mes de decembro de 2007 merodea polo lugar de Lentille unha cadela perdida ou abandoada.

Que ningún dos veciños do lugar de Lentille está en disposición de facerse cargo da cadela.

Que manter a un animal nesa situación de abandono á intemperie e desnutrición supón, ao meu xuízo, un caso evidente de maltrato animal, e que a responsabilidade debe ser atribuída ao Concello de Cenlle por desatención das obrigas que a lei establece nestes casos, ademáis dun risco pras persoas, xa que a conducta do animal torna cada día máis ameazante e desconfiada.

Que o pasado 4 de Xaneiro de 2008 puxémonos en contacto co Concello de Cenlle e solicitamos a recollida e traslado do

animal a onde proceda.

Que dende ese primeiro aviso, aínda contactamos noutras dúas ocasións co Concello de Cenlle recibindo sempre respostas evasivas e, lonxe de ser atendida a nosa solicitude, proporcionóusenos información inexacta sobre a competencia do Concello neste caso.

Que é obriga do Concello de Cenlle a tenor da lexislación vixente dispór os medios precisos pra garantir a seguridade

do animal e dos veciños.

Solicito:

Que, á maior brevidade posíbel, o Concello de Cenlle dispoña e proceda á recollida do animal.


2 comentarios:

abueloscrisytoño dijo...

Gústame moito como che quedo o blog con ese atardecer tan fermoso de fondo, cando o estas vendo parece que voas sobre esa paisaxe.

abueloscrisytoño dijo...

Sorte coa cadela.

 
ir arriba