O termalismo no Ribeiro

A comarca do Ribeiro leva camiño de convertirse nun importante referente do termalismo. Xa fai tempo que funcionan dous balnearios, con unha importante demanda durante todo o ano. A estes establecementos de Arnoia e Laias (Cenlle) moi pronto se sumarán os de Berán e Cortegada, que con máis atrancos que facilidades, pronto poderán abrir as súas portas ó público, unha vez que os promotores, unha fundación no caso de Cortegada en a Entidade Menor no de Berán, solucionen definitivamente os trámites legais. A estes dous proxectos, que xa teñen as instalacións practicamente rematadas, tamén se añadirá o balneario de Prexigueiro (Ribadavia), para o que existe un importante proxecto, pero que aínda está nas primeiras fases de tramitación. Con estas cinco ofertas termais, O Ribeiro disporá de un novo aliciente para os posibles visitantes, e o seu recoñecemento polo viño e polo patrimonio histórico artístico contará con un reforzo no sector do termalismo que xa despuntou cos dos primeiros balnearios.
(nova do periodico La Región)

1 comentario:

abueloscrisytoño dijo...

Termalismo !siiiiii!

 
ir arriba