Os grelos


A orixe de todas estas verduras, que son unha mesma, é o nabo , que é unha pranta anual ou bienal, con talo rexo ata un metro e máis de altura. Para describir as suculentas follas o mellor e velas e comelas.

As follas tenras do nabo cando empezan a medrar reciben o nome de “rabizas” e un pouco máis adiante “nabizas” dun sabor exquisito. E xa, de todo desenroladas,pero antes da floración, as follas son os grelos, acompañamento de varios dos exquisitos pratos da cociña galega tradicional, o lacón con grelos, o tipico cocido de carnaval coa cacheira, ou calquera caldo de grelos esta boisimo, hoxe en dia tamen se incorporan os grelos en revueltos e tortillas coma se foran espinacas e a verda estan deliciosos

Os grelos son unha verdura que en calquera galego fora da Galiza, prodúcelle o sentimento da morriña, que somentes sana coméndoos de novo.


1 comentario:

abueloscrisytoño dijo...

Estas facendo algo moi iteresante
!felicidades!

 
ir arriba