O carallo 29 existe
“O carallo 29″ , que galego non escoitou algunha vez esta expresión,eu en Lentille teñoa escoitado unhas cuantas veces. O termo carallo fai referencia vulgarmente ó membro viril. En galego, un dos idiomas máis ricos en matices que hai, esta palabra traspasou a fronteria idiomática até converterse nun vocablo universal que, sen perdé-la súa expresividade orixinal, pódese utilizar en diferentes ámbitos e con diferentes significados: admiración, asombro, desprezo, dúbida… Precisamente, a expresión “o carallo 29″ ten connotacións de dúbida, reparo, recelo, incertidume ou desconfianza. E ten unha orixe histórica que se remonta xa aos tempos da Restauración, intre no que o artigo 29 da Lei Electoral proclamaba automáticamente gañador das eleccións a un candidato cando era o único que se presentaba nun distrito electoral e sen necesidade de celebrá-las votacións. Motivo polo cal se facía todo o posíbel, legal ou ilegalmente, por lográ-lo candidato único e a consecuente aplicación do artigo en cuestión. Razón pola que os galegos, que viviron en primeira persona o caciquismo da época, bautizaron o artigo con tal expresión, coas conotacións ditas xa anteriormente. Moitos son os que terán escoitado esta expresión algunha vez. Poucos os que coñecen a súa orixe. Pero case ninguén sabe da súa existencia real. Porque sí, existe. O carallo 29 está en Compostela, no número 29 da Rúa Travesa,realmente está no 9 da Rúa de San Bieito, rúa perpendicular á Rúa Travesa, que, malia que remata no número 27, se seguise atopariamonos no 29 cunha pedra con forma de carallo, de falo.
3 comentarios:
!O carallo 29!conociamos a frase pero non o sitio,
o carallo 29! a de veces k puden decir esa expresión sin saber k realmente ten a súa historia. Eres única nena e vales un potosí.Moitos bikiños. Fina.
gracias a ti, non sabes a ilusion que me fai ler os vosos comentarios.Un bico moi grande
Publicar un comentario