o estramonio


E no medio da vendima atopamos estramonio,esta planta de singular beleza ten unha toxicidade moi alta, incluso pode causala morte, pero ainda asi ten usos medicinais: Aplicada externamente, utilízase para anestesiar localmente. En uso interno utilízase para tratar os espasmos da musculatura lisa e sedar o sistema nervioso central . Constitúe unha fonte, xunto co metel ( Datura metel ) para a extracción pola industria farmacéutica da hiosciamina, un alcaloide cuspido á atropina, que se utiliza para o tratamento da dor, pero ademais tamen se lle coñecen usos máxicos: Entre as primeiras referencias ao uso máxico desta planta atopamolas na cultura Romana, onde as devotas do culto a Baco extasiabanse utilizando esta planta. O estramonio,ao igual que a mandrágora, formou parte dos brebaxes máxicas da cerimonias de meigaría durante a Idade Media polas alucinacións que produce ( Entre estas moitas parecen ser de natureza sexual, aínda que outras veces predominan os soños, as accións violentas ou os impulsos autodestructivos. A esta fase de axitación precédelle outra de sono profundo e un espertar semellante á resaca da borracheira na que o suxeito, na maioría dos casos, parece non lembrar nada do vivido na súa mente) . Moi famosos son os ungüentos para voar que utilizaban as propias bruxas, confeccionados fundamentalmente con algunha graxa animal e estramonio cuxos principios alucinatorios absorbíanse a través da pel ou eran inxectados directamente na vaxina con paus de vasoiras ocos. Existen numerosas descricións nos que os inquisidores describen como teñen que aplicar o castigo da fogueira ás que confesaban ter feito voos máxicos polo ceo, bailado co diaño ou participado en rituais ou orxías. Seguramente trataríase de experiencias alucinatorias propiciadas por esta planta ou algunha do mesmo xénero. Tamén ao longo deste período o uso desta planta para elaborar "filtros de amor" foi algo habitual e son moitas as referencias do seu poder para excitar o desexo sexual, dado que se considerou un dos mellores afrodisíacos.

No Norte de África consúmese en infusión como un alucinóxeno ou fúmase mesturado con Kif. Os indios do este de Norteamérica utilizábano para súas cerimonias rituais e para tratar as mordeduras das serpes.

As mesmas razóns que xustificaban o " viaxe interior" das antigas bruxas ou un desexo por experimentar sensacións novas é o que move a algunhas persoas a tomar estes produtos hoxe en día. Este tipo de conduta en moitos casos ten consecuencias funestas, dada a toxicidade destes alcaloides e a marxe estreito de tolerancia que estas drogas teñen, tanto máis cando os resultados dependen moitas veces do propio organismo de cada individuo.



1 comentario:

abueloscrisytoño dijo...

Non tiña nin idea, canto se aprende polo mundo.

 
ir arriba