Mostrando entradas con la etiqueta A apicultura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A apicultura. Mostrar todas las entradas

A FABULA DA ABELLA HARAGANA




Había unha vez nunha colmea unha abella que non quería traballar, é dicir, percorría as árbores unha por unha para tomar o xulgo das flores; pero en vez de conservalo para convertilo en mel, tomábao todo.
Era, pois, unha abella haragana.Todas as mañás o sol quentaba o ar, a abelliña asomábase á porta da colmea, vía que facía bo tempo, se peiteaba coas patas, como fan as moscas, e botaba entón a voar, moi contenta do lindo dia. Zumbaba morta de gusto de flor en flor, entraba na colmea, voltaba a sair, e asi pasaba todo o día mentres as outras abellas se mataban traballando para encher a colmea de mel, porque o mel é o alimento das abellas recén nacidas.
Como as abellas son moi serias, comezaron a desgustarse co proceder da irmá haragana. Na porta das colmeas hai sempre unhas cantas abellas que están de gardas para coidar que non entren bichos na colmea. Estas abellas acostuman ser moi vellas, con grande experiencia da vida e teñen o raxo pelado porque perderon todos os pelos ao cofar contra a porta da colmea.
Un día, pois, detiveron á abella haragana cando ía entrar, dicíndolle:
-Parceira: é necesário que traballes, porque tódalas abellas debemos traballar.
A abelliña contestou:
-Eu ando todo o día voando, e cánsome moito.
-Non é cuestión de que canses moito -responderon-, se non de que traballes un pouco. É a primeira advertencia que che facemos.
E dicindo así deixárona pasar.
Pero a abella haragana non se corrixia. De modo que á tarde seguinte as abellas que estaban de guardia dixéronlle:
-Hai que traballar, irmá.
E ela respondeu deseguido:
-¡Un destes días vouno facer!
-Non é cuestión de que o fagas un destes días -respondéronlle-, se non mañá mesmo. Lembrate disto.E deixárona pasar.
Ao anoitecer seguinte repetíuse a mesma cousa. Antes de que lle dixesen nada, a abelliña exclamou:
-¡Sei, si, irmás! Xa me lembro que o prometín!
-Non é cuestión de que te lembres do prometido - respondéronlle-, se non de que traballes. Hoxe é dezanove de abril. Pois ben: trata de que mañá vinte, trouxeses unha pinga sequeira de mel. E agora, pasa.
E dicindo isto, se apartaron para deixala entrar.
Pero o vinte de abril pasou en van como todos os demáis coa diferenza de que ao caer o sol o tempo descompúxose e comezou a soprar un vento frío.
A abelliña haragana voou apresurada cara a súa colmea, pensando no quentiño que estaría alá adentro. Pero cando quixo entrar, as abellas que estaban de guardia impedíronllo.
-¡Non se entra!-dixéronlle .
-¡Eu quero entrar!-clamou a abelliña-.Esta é a miña colmea.
-Esta é a colmea dunhas pobres abellas traballadoras contestáronlle as outras-.Non hai entrada para as haraganas.
-¡Mañá sen falta vou traballar!- insistíu a abelliña.
-Non hai mañá para as que non traballan- responderon as abellas, que saben moita filosofía.
E dicindo isto empurrárona a fora.
A abelliña, sen saber o que facer, voou un pouco aínda; pero xa a noite caía e víase malamente. Quixo apañarse dunha folla, e caeu ao chan. Tiña o corpo entumecido polo ar frío, e non podía voar máis.
Arrastrándose entón polo chan, rubindo e baixando dos paiños e pedriñas, que lle semellaban montañas, chegou á porta da colmea, a tempo que comenzaban a caer frías pingas de choiva.
-¡Ay, o meu Deus!-clamou a desamparada-.Vai chover, e voume morrer de frío. E tentou entrar na colmea.
Pero de novo pecháronlle o paso.
-¡Perdón!-xemeu a abella-.Deixenme entrar!
-Xa é tarde -respondéronlle.
-¡Por favor, irmás! Teño sono!
-É mais tarde aínda.
-¡Parceiras, por piedade! Teño frío!
-Imposible.
-¡Por última vez! Voume morrer! Entón dixéronlle:
-Non, non morrerás. Aprenderás nunha soa noite o que é o descanso gañado co traballo. Vaite .
E botárona.


Entón, tremendo de frío, coas ás molladas e enzopelando, a abella arrastrouse, arrastrouse ata que de pronto rodou por un buraco; caeu rodando, mellor dito, ao fondo dunha caverna.
Creu que non ía parar nunca de baixar. Ao fin chegou ao fondo, e achouse ante unha víbora, unha cobra verde de raxo cor ladrillo, que a ollaba roscada e empresta a lanzarse sobre ela.
En verdade, aquela caverna era a oca dunha árbore que trasprantaran cara tempo, e que a cobra escollera de guarida.
As cobras comen abellas, que lles gostan moito. Por iso a abelliña, ao atoparse ante a súa inimiga, bisbillotou pechando os ollos:
-¡Adeus á miña vida! Esta é a última hora que eu vexo a luz.
Pero con grande sorpresa súa, a cobra non soamente non a devorou se non que lle dixo: -¿o que tal, abelliña? Non has de ser moi traballadora para estar aquí a estas horas.
-É certo -bisbillotou a abella-.Non traballo, e eu teño a culpa.
-Sendo así -agregou a cobra, burlona-, vou sacar do mundo a un mal bicho coma ti.Voute comer, abella.
A abella, tremendo, exclamou entón: -¡Non é xusto iso, non é xusto!Non é xusto que vostede me coma porque é máis forte ca eu.Os homes saben o que é xustiza.
-¡Ah, ah!-exclamou a cobra, enroscándosé lixeiro -.Ti cres que os homes que lles sacan o mel a vostedes son máis xustos, grandísima parva?
-Non, non é por iso que nos sacan o mel -respondeu a abella.
-¿E por o que, entón?
-Porque son máis intelixentes.
Así dixo a abelliña. Pero a cobra botouse a rir, exclamando:
-¡Boh! Con xustiza ou sen ela, voute comer, apróntate.
E botouse atrás, para se lanzar sobre a abella. Pero ésta exclamou:
-Vostede fai iso porque é menos intelixente ca eu.
-¿Eu menos intelixente que ti, mocosa?-riuse a cobra.
-Asi é -afirmou a abella.
-Pois ben -dixo a cobra-, imos a velo .Imos facer dúas probas. A que faga a proba máis rara, ésa gaña. Se gaño eu, cómote.
-¿E se gaño eu?-preguntou a abelliña.
-Se gañas ti -repuxo a súa inimiga-, tes o dereito de pasar a noite aquí, ata que sexa de día. Convéncete?
-Acepto -contestou a abella.
A cobra botouse a rir de novo, porque se lle ocorrera unha cousa que xamáis podería facer unha Abella. E hei aquí o que fixo:
Saiu un intre afora, tan velozmente que a abella non tivo tempo de nada. E voltou traendo unha cápsula de sementes de eucalipto, dun eucalipto que estaba ao lado da colmea e que lle daba sombra.
Os rapaces fan bailar como trompos esas cápsulas, e chámanlles trompiñas de eucalipto.
-Isto é o que vou facer -dixo a cobra-.Fíxate ben, atención!
E arrolando vivamente o rabo ao redor da trompiña como un piolín desenrolou a toda velocidade, con tanta rapidez que a trompiña ficou bailando e zumbindo coma un tolo.
A cobra ría, e con moita razón, porque xamáis unha abella fixo nin poderá facer bailar a unha trompiña. Pero cando a trompiña, que se ficara dormido zumbindo, como lles pasa aos trompos de laranxeira, caeu por fin ao chan, a abella dixo:
-Esa proba é moi linda, e eu nunca poderei facer iso.
-Entón, cómote -exclamou a cobra.
-¡Un momento!Eu non podo facer iso: pero fago unha cousa que ninguén fai.
-¿O que é iso?
-Desaparecer.
-¿Como?-exclamou a cobra, dando un salto de sorpresa-.Desaparecer sen sair de aqui?
-Sen sair de aqui.
-¿E sen agocharte na terra?
-Sen me agochar na terra.
-Pois ben, faino !E se non o fas, cómote deseguida - dixo a cobra.
O caso é que mentres a trompiña bailaba, a abella tivera tempo de examinar a caverna e vira unha plantiña que medraba alá. Era un arbustiño, case un yuyiño, con grandes follas do tamaño dunha moeda de dous centavos.

A abella arrimouse á prantiña, tendo coidado de non tocala , e dixo asi:
-Agora tócame á miña, señora cobra.Vaime facer o favor de se dar a volta, e contar ata tres. Cando diga "tres", búsqueme por todas partes, ,xa non estarei máis!
E asi pasou, en efecto.A cobra dixo :"un...,dous...,tres", e voltouse e abriu a boca cuan grande era, de sorpresa: alá non había ninguén. Ollou enriba, abaixo, a todos lados, percorreu os recunchos, a plantiña, tanteou todo coa língua.Inútil: a abella desaparecera.
A cobra comprendeu entón que se a súa proba da trompiña era moi boa, a proba da abella era simplemente extraordinaria. O que se fixera?, onde estaba?
Non había modo de achala .
-¡Boh!-exclamou por fin-.Doume por vencida. Onde estás?
Unha voz que apenas oíase -a voz da abelliña- saíu do medio da cova.
-¿Non me vas facer nada?-dixo a voz-.Podo contar co teu xuramento?
-Si -respondeu a cobra-.Xúrocho. Onde estás?
-Aquí -respondeu a abelliña, aparecendo de entre unha folla pechada da plantiña.
O que pasara?Unha cousa moi sinxela: a plantiña en cuestión era unha sensitiva, moi comun tamén aquí en Bons Ares, e que ten a particularidade de que as súas follas péchanse ao menor contacto. Soamente que esta aventura pasaba en Misións, onde a vexetación é moi rica, e polo tanto moi grandes as follas das sensitivas. De aquí que ao contacto da abella, as follas pecháranse, ocultando completamente ao insecto.

A intelixencia da cobra non atinxira nunca a darse conta deste fenómeno; pero a abella o observara, e aproveitouse del para salvar a súa vida.
A cobra non dixo nada, pero ficou moi irritada coa súa derrota, tanta que a abella pasou toda a noite lembrando á sua inimiga a promesa que fixera de respetala .
Foi unha noite longa, interminable, que as dúas pasaron arrimadas contra a parede máis alta da caverna, porque a trevoada desencadeárase, e a auga entraba coma un río adentro.
Facía moito frío, ademais, e adentro reinaba a mouridade mais completa. De cando en cando a cobra sentía impulsos de se lanzar sobre a abella, e ésta cría entón chegado o termo da súa vida.
Nunca, xamáis, creu a abelliña que unha noite podería ser tan fría, tan longa, tan horrible. Lembraba a súa vida anterior, durmindo noite tras noite na colmea, ben quentiña, e choraba entón en silencio.
Cando chegou o día, e saiu o sol, porque o tempo compuxérase, a abelliña voou e chorou outra vez en silencio ante a porta da colmea feita polo esforzo da familia. As abellas de guardia deixárona pasar sen lle dicir nada, porque comprenderon que a que voltaba non era a paseandeira haragana, se non unha abella que fixera en só unha noite un duro aprendizaxe da vida.
Así foi, en efecto. En adiante, ningunha como ela recolleu tanto polen nin fabricou tanto mel. E cando o outono chegou, e chegou tamén o termo dos seus días, tivo aínda tempo de dar unha última lección antes de morrer ás xoves abellas que a rodeaban:
-Non é a nosa intelixencia, se non o noso traballo quen nos fai tan fortes. Eu usei unha soa vez da miña intelixencia, e foi para salvar a miña vida. Non necesitaría dese esforzo, se traballase como todas. Canseime tanto voando de aqui para alá, como traballando. O que me faltaba era a noción do deber, que adquirín aquela noite. Traballen, parceiras, pensando que o fin a que tenden os nosos esforzos -a felicidade de todos- é moi superior á fatiga de cada un. A isto os homes chámano ideal, e teñen razón. Non hai outra filosofia na vida dun home e dunha abella

Curiosidades das abellas


Non hay vidas pequenas, cando miramoslas de cerca , toda vida e grande (M. Maeterlinck).

A natureza ofrece moitas facetas nas que podemos fixar a nosa capacidade de observación. É realmente apasionante poder penetrar dentro do mundo dos seres que comparten o planeta con nós, pero ainda o é mais se descobrimos que alguns destes seres, aos que consideramos inferiores, son capaces de vivir en sociedade e en perfeita armonía, con toda a série de complicacións que conleva este tipo de vida.



Unha das mais fascinantes formas de vida en sociedade do reino animal é, sen dúvidas, a das abellas, eses insectos dos que o home se beneficia desde a antiguidade, aproveitando os seus productos, todas obtidos con grande tenacidade e arduo traballo, ou ben servindo-nos delas como potenciadoras da fecundación das plantas.


A VIDA SOCIAL DAS ABELLAS

En estado salvaxe fundan as suas colónias nos ocos das árbores, ou entre as penas, as que están domesticadas, é dicer, as estoupadas polo home, o fan en colmeas.



Non todos os membros dunha colmena son iguais, ainda que a simple vista asi o semelle. En realidade, a colónia de abellas consta dunha serarquia formada por tres castas ben diferenciadas: a raíña, as obreiras e os zánganos.

Os zángaos distinguen-se por ser mais robustos e carecer de aguijón, a sua misión é a de fecundar a unha posíbel raíña virxe. Unha vez que esta posibilidade desaparece (outono e inverno) deixan de ser útis sócialmente e eliminan-os. Por tanto, as sociedades de abellas son de tipo matriarcal, onde viven fémias; unha só fecundada, a raíña, e mis de estéris, as obreiras.

A raíña ou mai é o personaxe mais importante da colónia, símbolo de maternidade, unión e futuro. A sua misión é o de pór ovos de forma inagotabel dia e noite á longa da sua vida. A posta esta comprendida entre 1000 e 2500 ovos dia, ao que ven a ser até 2 veces o seu própio peso. Cada ovo, depositado nunha cela, resulta fecundado ou non segundo o grau de contracción xenital da raíña mai. As obreiras e as raíñas provienen de ovos fecundados; os zánganos de ovos non fecundados. Nada distingue no momento do seu posta aos ovos das raíñas e os das obreiras, salvo ter sido depositados en celas diferentes.

Ao cabo de tres ou catro dias nacen as larvas, que serán alimentadas, polas abellas xovens, durante os seus tres primeiros dias con jalea real. Durante este período as larvas aumentan perto de mil veces o seu peso orixinal. Despois do terceiro dia as cousas mudan. As larvas de obreira pasasen a ser alimentadas con pan de abellas (mel e polen). As larvas de raíña seguirán alimentadas con jalea real.




A supresión da jalea real na alimentación equivale a unha castración. Ao non receber este alimento, as glándulas sexuais das obreiras non se desenvolven, e a sua vida fica limitado a 40 ou 50 dias, en troco a vida das raíñas pode alongarse ata cinco anos.

É asombroso ver a veneración que toda a colónia guarda pola sua raíña. Senten un apego tan profundo que é difícil de entender polo home. Como exemplo ante situacións de frixo, fame ou enfermidade, a raíña case sempre se salva e se a encontra viva entre os cadaveres das suas fillas. Ante situacións de perigo todas rodean-a, protexen e defenden co seu corpo, reservan-lle a comida mais sana e as últimas pingas de mel.

A pesar do especial trato que recebe, a raíña non pode facer e desfacer segundo o seu instinto, se non que este limitado a realizar o que a colectividade ordena. Nen siquieira pode comer ao seu antollo, a sua ración a regulan as obreiras e ésta depende do estado xeral da colónia. Cando as condicións son boas se lle aumenta a ración e ela proporciónalmente aumenta a posta.

Na colmea hai unha perfeita división do traballo, que depende da necesidade do momento. É precisamente esta flexibilidade o que garante a armonía social. Pero todo este comportamento non seria posíbel si non existise comunicación entre os membros da colónia; para iso, a natureza há dotado ás abellas de órgaos sensoriais que lles permiten relacionar-se co mundo que as rodea.


COMUNICACIÓN E SENTIDOS

O olfacto é un dos seus sentidos mais desenvolvidos, e polo olor recoñecen-se. Cada colónia posui un olor característico, e é a maneira de distinguir a un membro da colmena dun intruso.

A entrada da colmea está custodiada por abellas cuxa función consiste en impedir a entrada ás abellas de outras colmenas, ou ás vespas, que son xeitosos ladros de mel.

Este mesmo olor identificativo, que é xerado pola raíña a través da segregazón dunha hormona, ten outro importante cometido, inibe o desenvolvimento dos órgaos reprodutores das obreiras, que asi permanecen estéris. Pero cando a raíña enferma ou envellece, baixa a posta e tamén a hormona, daquela as obreiras empezaran a construcción de celas reais, nas que criasen novas raíñas para a reposición. Asi se segura o futuro da colónia.

As abellas poden ver a luz polarizada do Sol, algo imposíbel para o ollo humano, e asi coñece a sua posición dado que a polarización varia segundo a posición do Sol.

Pero a abella tamén conta con outros meios de comunicación e percepción que se escapan aos nosos ollos ou ouvidos; reaxe ás variacións dos campos magnéticos e percebe radiacións subtis que van dirixindo os seus actos. En liberdade, para o seu estabelecemento as abellas selecionan o que en geobiología se denominan zonas perturbadas e cruces telúricos (rede Hartmann).

Os colmenares emplazados sobre zonas de intensidade telúrica -rede Hartmann, veas de auga subterránea, fallas xeolóxicas – excitan ás abellas, facendo-as traballar con grande intensidade.Isto explica que as colmenas nestas ubicacións produzan até o duplo que as situadas en zona neutra. Estas colónias mostran maior resisténcia nos invernos rigorosos e consomen menos reservas. Os estudosos do Naturismo seguran que as abellas son capaces de transformar a enerxia emitida pola Terra en enerxia vital.

Asi como contan con orientación solar, as abellas posuen unha orientación magnética.na parte frontal do cerebro contan con partículas de magnetiña, sensíbel aos campos magnéticos. Algo semellante ao que ocorre coas pombas, capaces de percorrer grandes distáncias sen seperder , sempre que non se enfrenten con unha trevoada que altere a información magnética inicial. Estes sensores interiores permiten ás abellas orientar-se en ausencia de luz.


O vibrante zumbido da colmena deixa-se ouir como canto evocador da exaustiva labor destes seres minuciosos, pequenos xigantes constructores dunha sociedade na que todo semella estar previsto, na que cada movimento e cada acción son executados con unha misteriosa precisión e perfeizón.

A colmea – a cooperativa perfeita – na cual todos traballan incansábelmente e sen egoísmos con un único obxectivo, o ben comun.
Hai 25.000 especies distintas de abellas no mundo.


- Cal é a especie de abella que hai en Galicia e Europa? A abella negra ou Apis Melifera

- A raíña pode pór ata 2500 ovos ao día, que equivale a 2,5 veces o seu propio peso.


- As abellas deben visitar 1 millón de flores para facer 1 kg de mel.


- Unha obreira produce unha cullerada e media de mel en toda a súa vida.


- Poden voar ata 24 km por hora.

- As ás das abellas baten 183 veces por segundo.

- Unha obreira dura 45 días en verán e varios meses en inverno. A súa duración vai relacionada co seu desgaste físico.

Como se recolle o pole en Galicia



Como coller un enxame

U n enxame de abellas ceibo




Cando chega a primaveira as veces a poboación de abellas nas colmeas duplicase e ademáis as veces cando hai unha nova raiña producese unha loita entre as duas raiñas e a que perde tenque abandoar a colmena co seu sequito e buscar unh novo sitio onde instalarseNa parte darriba desta alacena podese ver unha masa negra , non é máis ca un enxame de abellas que abandonou a colmea.

 
ir arriba