Mostrando entradas con la etiqueta As arbores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta As arbores. Mostrar todas las entradas

Os enxertos do prexegueiro


Este enxerto é o que se denomina de fisura que é un método no que se substitúe o extremo do talo do portaenxerto por un enxerto que conteña algunhas xemas. Ambos deben ser dun diámetro semellante para que súas cortezas poidan entrar en contacto. Ao portaenxerto córtaselle o talo principal e practícase unha fisura en forma de V. O enxerto, chamado puga, é unha rama pequena que conteña unhas duas ou tres xemas. Córtase en bisel, de modo que poida introducirse na fisura do patrón. Para evitar que se separen, adoita envolverse a unión con algunha cinta de rafia, algodón ou outra materia orgánica,despois intoducese unha botella de plastico que se enche de terra para tapar a unión.

o castiñeiro mais vello de Lentille


O interior do castiñeiro máis vello de lentille



O interior do vello castiñeiro asemella unha cova, e nel crecen liquenes e setas en perfecta simbiose.

un castiñeiro de pelicula de medo



unha arbore digna dunha peli de medo, é un castiñeiro que esta na parte darriba do Souto (Lentille), antes isto era Souto pero o facer a carretera quedou dividido en duas partes,.Este castiñeiro é coñecido como o castiñeiro do Angel.

setas curiosas en Lentille


unha seta nun castiñeiro


Esta seta de cor chamativa crece no interior dun castiñeito do Souto

O outono en Lentille


Un carballo do souto coas cores tipicas do outono. En Lentille cando chega o outono o que antes era verde tornase en cores laranxas e roxizos

A oliva


A oliva de Lentille, é unha árbore con tradición.
A esta árbore, que esta preto da fonte do Eiteiriño,
acudian os veciños de Lentille para o Domingo de Ramos
levar algunha poliña a San Lourenzo para bendicir.

As flores e plantas dos montes de Lentille



Fentos


Uz






Xesta



Madroño


Estralotes

Os castiñeiros do souto

O segredo da carballa do souto


Os máis vellos do lugar xa a recordan ali,
¡quen sabe cantos anos tera!
Esta carballa garda no seu interior unhas balas que
alguen lle disparou durante a guerra civil.

 
ir arriba