A lenda de San Wentila

Wentila era un ermitán que vivía nos montes de Punxín, entre as parroquias de Santa María de Punxín, e Santa María de Freás. Como adoita suceder nestes casos, era un home sabio e bo.

De tal xeito que cando morreu aquel home bo os fregueses de Punxín querían enterralo na súa igrexa, e os fregueses de Freás querían o mesmo para a súa. Asique chegaron a un acordo: poñerían o cadaleito nun carro con dous bois e deixaríano na metade entre os dous pobos. Os bois decidirían onde se enterraba San Wentila dependendo do camiño que tomaran.

Para quen non coñeza este fermoso concello, dicir que Punxín está no val que atravesa o río Barbantiño, mentres que Freás se atopa nas ladeiras da montaña, perto xa de San Amaro. E, claro está, os bois tiraron para Punxín, por ser costa abaixo. De ahí que o San Wentila esté enterrado (e esto xa non é lenda, porque ali se atopa o sepulcro) na igrexa de Santa María de Punxín, desde hai varios séculos.

San Wentila é o patrón de Punxín, onde se celebra o día na súa honra coincidindo co luns de Pascua. É o único lugar do mundo onde se venera a este santo. Por certo que Wentila é de orixe polaca (da Galitzia polaca) e en tempos houbo varios Wentila en Punxín.

1 comentario:

aspai dijo...

Quería comentar, que si existe outra parroquia que venera a San Wentila. Sta Mª de Carballedo no concello de Carbaledo Lugo, a festividade celébrase o domingo seguinte ao domingo de Pascua

 
ir arriba