A apicultura



Camiño do benestar común do home e das abellas baseándonos no respeto mutuo.

A palabra apicultura componse de dous termos “api” a abella e “cultura” portanto inícanos que ésta debería ser o estudo da súa vida, da súa linguaxe, dos costumes e dos coñecementos das abellas.

A apicultura convencional é productivista e estoupadora, non respetando a estes seres nobres e xenerosos, facéndose necesario un troco na forma de relacionarnos con elas.



As abellas son un pequeno e admirable pobo cuia historia remóntase á Era Terciaria, máis de 60 millóns de anos (60 veces superior á do home). Formando unha auténtica civilización cos seus costumes,os seus sentidos, o seu saber e a súa intelixencia. A través da súa longa historia souberon subsistir e evolucionar, e sempre en perfeta harmonía coa natureza, de tal xeito que desempeñaron un papel fundamental no enriquecemento da biodiversidade, grazas ao seu incansable bo facer a través da polinización das flores.

Os nosos ancestros sempre as respetaron. As antigas civilizacións coa observación e a súa ciencia lóxica déronse conta de que os seus productos eran bos tanto para a beleza como para a saúde e ata para a alimentación, e as súas receitas e usos perduraron ao longo dos séculos ata chegar a nós.

A forma ética de actuar coas abellas débese fundamentar nunha apicultura de alianza, de troco e sobre todo de respeto mutuo. Considerando que todo está unido e que, para preservar o noso benestar, é necesario preservar tamén o das abellas e o noso entorno. Colaboremos coa natureza establecendo con ela un lazo rico en beneficios mutuos, unha alianza.

Para utilizar o linguaxe das ciencias ecolóxicas, é unha apicultura ecosistémica, que fomenta principalmente os principios de biodiversidade, de mutualismo (colaboración entre especies con beneficio mutuo) e o de nicho ecolóxico (o dereito a existir de cada especie viva).

Este xeito de facer e actuar é un pensamento moderno adaptado ao 3er milenio. En efecto, as ciencias aplicadas e os nosos modos de pensar sofren actualmente profundas mutacións. Citemos por exemplo, a economía coa noción de economía ética, a política coa de democracia activa, as nocións de principio de precaución, de compra responsáble, etc… O punto común que emerxe de todas estas disciplinas ou evolución de pensamento é o que acabamos de ver: estamos todos relacionados, interconectados os uns cos outros, a todos os niveis da vida.

Na encrucillada de todas estas disciplinas, a metodoloxia do novo apicultor debe integrar todos estes avances, en particular no campo de respeto ás abellas e á natureza.

Respeto global da vida:


O apicultor do 3er milenio dinamiza e reequilibra en profundidade as interrelacións entre o home, as abellas e o seu entorno. Manifesta un profundo respeito pola vida. Ante todo, o apicultor debe respetarse a si mesmo, e facer o mesmo coas abellas e o seu entorno, que non son simples proveedoras de materias prmas, se non auténticas entidades viventes coas que establece unha verdadeira asociación, rica en beneficios mutuos.

Respeto ás abellas:


O apicultor formado contempla ás abellas como unha verdadeira civilización de pleno dereito, moi anterior ao home. Por exemplo, a súa danza das abellas non se reduce a un simple instinto sofisticado, se non que representa unha auténtica linguaxe, signo dunha auténtica “intelixencia” social, que é necesario comprender e respetar.

Trátase de comunicarse realmente coas abellas, de coñecer os seus gustos, os seus sentimentos, os seus desexos e as súas leis. Respetar profundamente ás abellas, trocar con elas, e non “querer” ou tomar, non é somente un beneficio a un nivel ético: os productos “roubados” serían menos eficaces! véxanse alguns exemplos:


Escoller os emplazamentos: é esencial un longo traballo de observación da flora e dos ventos. E aquí tamén hai que ter moi en conta os seus sentimentos: as colmeas nas que as abellas traballan mellor son sempre as que gozan dun maior aprecio do apicultor.

Día de revisión da colmea: as visitas fanse sempre escollendo o mellor momento, e cando menos amole ás abellas: escoitanse os ruidos, séntese o ar e óllase ás abellas na saída da piqueira. Pode acontecer a miúdo que renunciemos a facer un traballo porque as abellas non están de acordo, se se mostran agresivas ou se sente que non é o día apropiado.

Importante para os coidados que debemos dar ás abellas: o principio xeral é non utilizar ningún producto químico, por suposto, pero tamén é preceptivo o previr e observar. Trátase da saúde holística. As abellas saben curarse despois de 60 millóns de anos: instalaron na colmea un sistema colectivo de defensa inmunitaria. Cada vez que un microorganismo se desenvolve na colmea de maneira perigosa, as abellas van buscar “o antídoto” na vexetación do entorno e van a engadirlle as secrecións propias que manteñen un medio san na colmea: este conxunto de substancias está contido no propóleos, pero tamén na cera, o pole, o mel e o veleno.

Deixamos tamén á sua decisión a elección das especies e a selección das plantas: algúns apicultores, por exemplo, queren selecionar o pole, pero non podes ser ti quen propoñas a de silva, ou o de castiñeiro ou propóleos de pino ¡Como se fósemos nós os que sabemos mellor que elas cales son as plantas que as curan!

Non somos nós, homiños dunha antigüidade que non data nin dun millón de anos, os que lles imos ensinar a sobrevivir. Esfumarse e deixalas tranquilas, é a miúdo a mellor forma de comportarse con elas.

No hay comentarios:

 
ir arriba