O que din as ordenanzas é o que se fai

Esta ordenanza leva algún tempo na paxina do concello de Cenlle e veciños de Lentille presentaron cartas de denuncia e ainda esperan resposta e limpeza cerca dos seus fogares para que non vola acontecer o do 25 de xulio do 20004.

Claro exemplo do que vos conto

A min fixome especial gracia o artigo 4º



ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA LIMPEZA DE
TERREOS E SOARES E DE PROTECCIÓN CONTRA OS
INCENDIOS FORESTAIS E DISTANCIAS DAS PLANTACIÓNS.
Artigo 1º.- Fundamento e natureza.- A presente ordenanza díctase en
virtude das facultades conferidas na Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora do
réxime local e tén por finalidade establecer as condicións dos terreos e
soares e das distancias das plantacións de especies arbustivas no termo
municipal do Concello de Cenlle.
Artigo 2º.- Limpeza dos terreos e soares e condicións sanitarias dos
mesmos.-
a) A limpeza dos soares e terreos rústicos é obrigación dos propietarios ou
posuidores. De non efectuarse así esta limpeza, o Concello procederá a
retira-lo lixo ou desperdicios á costa daqueles, sen prexuizo das
sancións que procedan legalmente.
b) Os propietarios dos terreos incluídos nos perímetros dos núcleos rurais
do Concello, según a determinación resultante do Plan xeral de
ordenación municipal (P.X.O.M.) deberán mantelos rozados e limpos e
nas condicións de seguridade e salubridade que non supoñan risco para
a saúde, debendo proceder á súa desinfección e desratización periódica.
c) Os propietarios ou posuidores de terreos que se atopen a menos de 30
metros de calquera edificación, deberán mantelos rozados e limpos de
xeito que eviten a iniciación ou propagación do lume.
d) Queda prohibido botar lixo ou resíduos sólidos nos soares e terreos,
tanto de propiedade pública coma privada.
e) As obrigas dos parágrafos anteriores, incumbirán tanto as persoas físicas
coma xurídicas.
Artigo 3º.- Distancias das plantacións.-
a) Nos terreos rústicos do termo municipal, segundo a calificación do
P.X.O.M. as distancias mínimas das plantacións, segundo as distintas
especies son as seguintes:
1.- Especies de coníferas ou resinosas:
A eidos ou montes 4 m
A viñedos ou labradíos 8 m
2.- Especies de frondosas e outros tipos:
A eidos ou montes 4 m
A viñedos ou labradíos 10 m
3.- Especies de eucaliptos:
A eidos ou montes 12 m
A viñedos ou labradíos 35 m
4.- Árbores froiteiras:
A eidos ou montes 2 m
A viñedos ou labradíos 4 m
b) Nos terreos que se califiquen como de solo núcleo rural non se poderán
plantar especies arbustivas, agás árbores froiteiras e ornamentais que
deberán gardar en todo caso a distancia de 6 metros ós lindeiros.
c) As plantacións que se fagan en todo tipo de terreos, deberán gardar,
respecto dos bens e instalacións de dominio e uso público, as seguintes
distancias:
1.- A estradas municipais e camiños públicos, non se poderá plantar
especie ningunha a distancia inferior a 4 metros da arista exterior da
mesma e a camiños de ferradura e sendeiros a distancia será de 2
metros.
Con respecto a estradas nacionais, autonómicas e provinciais, estarase ó
que se estableza na lexislación sectorial.
2.- A pozos de abastecemento de auga, fontes e mananciais, tanto
públicos como privados, non se poderán facer plantacións a menos
distancia da que se sinala:
Eucaliptos 25 m
Frondosas 15 m
Froiteiras 5 m
3.- A outros bens e instalacións públicos non se poderán facer
plantacións a menos de 5 metros, calqueira que sexa a especie arbustiva.
Artigo 4º.- O órgano competente para sancionar.-
1. As sancións polas infraccións tipificadas nesta Ordenanza, son
competencia do Sr. Alcalde ou do Concelleiro en quen delegue.
2. Toda persoa natural ou xurídica poderá denunciar diante do Concello as
infraccións da presente Ordenanza en relación coa materia a que esta se
refire.
3. As responsabilidades derivadas do incumprimento das obrigas sinaladas
nesta Ordenanza, serán esixibles non só polos actos propios, senón tamén
polos daquelas persoas de quen se debe responder.
Artigo 5º.- Clasificación das infraccións.-
1. Considéranse infraccións administrativas en relación coas materias as
que se refire esta Ordenanza, os actos ou omisións que contraveñan o
establecido nas normas que integran o seu contido.
2. As infraccións clasifícanse como leves, graves e moi graves, conforme
se establece nos artigos seguintes.
Artigo 6º.- Infraccións leves:
a) En xeral, o cumprimento dos requisitos, obrigas e prohibicións
establecidas nesta Ordenanza, que non estean recollidos como graves
ou moi graves.
b) Non proceder á limpeza dos terreos unha vez notificada a obriga desta e
transcorrido o prazo sinalado.
c) Non realiza-la roza ou limpeza de terreo ou franxa de terreo sinalada en
metros nesta Ordenanza.
Artigo 7º.- Infraccións graves:
a) A reincidencia nas infraccións leves.
b) Non proceder á roza e limpeza de terreos ou soares unha vez notificada
a súa obriga e logo de lle ser notificada a valoración do custe desta roza
e limpeza, cando haxa risco inminente de incendio para vivendas e
veciños.
c) Non permitir o acceso ó persoal de vixilancia a inspección dos terreos,
no caso de comprobación da denuncia.
d) A realización de plantacións sen garda-las distancias establecidas na
presente ordenanza.
e) A realización de plantacións nos lugares expresamente prohibidos na
presente ordenanza.
Artigo 8º.- Infraccións moi graves:
Cando nas infraccións graves concorran ademáis algunha das seguintes
circunstancias:
a) A reincidencia nas faltas graves.
b) Grave repercusión nos recursos naturais ou deterioro destes.
Artigo 9º.- Sancións.-
1. Sen prexuízo de esixir, cando proceda, as responsabilidades de carácter
penal ou civil correspondentes ás infraccións dos preceptos da presente
Ordenanza, en materia de limpeza de soares e plantacións, as sancións
serán as seguintes:
a) Infraccións leves, multa dende 30 a 400 euros.
b) Infraccións graves, multa dende 401 a 600 euros.
c) Infraccións moi graves, multa dende 601 a 3.000 euros.
2. Nos supostos de non cumprir coas obrigas da presente Ordenanza, ou na
reincidencia de calquera das infraccións moi graves, o Concello procederá
a toma-las medidas protectoras e correctoras, subrogándose a
administración nas obrigacións dos propietarios, e pasándolles as costas ó
seu cargo.
Artigo 10º.- Determinación da contía das sancións.-
1. Para determina-la contía da sanción atenderase ás circunstancias
concorrentes nos feitos que as motivaron, tales como a natureza da
infracción, grao de intencionalidade e reincidencia, así como aqueles
factores que se poidan considerar coma atenuantes ou agravantes.
2. Será considerado reincidente quen houbera incorrido en infraccións das
mesmas materias nos doce meses anteriores, e nas que recaera resolución.
Artigo 11º.- Réxime transitorio- As plantacións arbóreas existentes dentro
do perímetro dos núcleos rurais deberán acomodarse ó disposto na presenta
ordenanza no prazo de dous anos, contados a partir da entrada en vigor
désta.
Disposición derradeira.- A presente ordenanza entrará en vigor unha vez
publicado o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia (BOP), e haxa
transcorrido o prazo sinalado no artigo 65.2 da Lei de bases de réxime
local.

No hay comentarios:

 
ir arriba