Curiosidades das abellas
Non hay vidas pequenas, cando miramoslas de cerca , toda vida e grande (M. Maeterlinck).
A natureza ofrece moitas facetas nas que podemos fixar a nosa capacidade de observación. É realmente apasionante poder penetrar dentro do mundo dos seres que comparten o planeta con nós, pero ainda o é mais se descobrimos que alguns destes seres, aos que consideramos inferiores, son capaces de vivir en sociedade e en perfeita armonía, con toda a série de complicacións que conleva este tipo de vida.

Unha das mais fascinantes formas de vida en sociedade do reino animal é, sen dúvidas, a das abellas, eses insectos dos que o home se beneficia desde a antiguidade, aproveitando os seus productos, todas obtidos con grande tenacidade e arduo traballo, ou ben servindo-nos delas como potenciadoras da fecundación das plantas.
A VIDA SOCIAL DAS ABELLAS
En estado salvaxe fundan as suas colónias nos ocos das árbores, ou entre as penas, as que están domesticadas, é dicer, as estoupadas polo home, o fan en colmeas.

Non todos os membros dunha colmena son iguais, ainda que a simple vista asi o semelle. En realidade, a colónia de abellas consta dunha serarquia formada por tres castas ben diferenciadas: a raíña, as obreiras e os zánganos.
Os zángaos distinguen-se por ser mais robustos e carecer de aguijón, a sua misión é a de fecundar a unha posíbel raíña virxe. Unha vez que esta posibilidade desaparece (outono e inverno) deixan de ser útis sócialmente e eliminan-os. Por tanto, as sociedades de abellas son de tipo matriarcal, onde viven fémias; unha só fecundada, a raíña, e mis de estéris, as obreiras.
A raíña ou mai é o personaxe mais importante da colónia, símbolo de maternidade, unión e futuro. A sua misión é o de pór ovos de forma inagotabel dia e noite á longa da sua vida. A posta esta comprendida entre 1000 e 2500 ovos dia, ao que ven a ser até 2 veces o seu própio peso. Cada ovo, depositado nunha cela, resulta fecundado ou non segundo o grau de contracción xenital da raíña mai. As obreiras e as raíñas provienen de ovos fecundados; os zánganos de ovos non fecundados. Nada distingue no momento do seu posta aos ovos das raíñas e os das obreiras, salvo ter sido depositados en celas diferentes.
Ao cabo de tres ou catro dias nacen as larvas, que serán alimentadas, polas abellas xovens, durante os seus tres primeiros dias con jalea real. Durante este período as larvas aumentan perto de mil veces o seu peso orixinal. Despois do terceiro dia as cousas mudan. As larvas de obreira pasasen a ser alimentadas con pan de abellas (mel e polen). As larvas de raíña seguirán alimentadas con jalea real.

A supresión da jalea real na alimentación equivale a unha castración. Ao non receber este alimento, as glándulas sexuais das obreiras non se desenvolven, e a sua vida fica limitado a 40 ou 50 dias, en troco a vida das raíñas pode alongarse ata cinco anos.
É asombroso ver a veneración que toda a colónia guarda pola sua raíña. Senten un apego tan profundo que é difícil de entender polo home. Como exemplo ante situacións de frixo, fame ou enfermidade, a raíña case sempre se salva e se a encontra viva entre os cadaveres das suas fillas. Ante situacións de perigo todas rodean-a, protexen e defenden co seu corpo, reservan-lle a comida mais sana e as últimas pingas de mel.
A pesar do especial trato que recebe, a raíña non pode facer e desfacer segundo o seu instinto, se non que este limitado a realizar o que a colectividade ordena. Nen siquieira pode comer ao seu antollo, a sua ración a regulan as obreiras e ésta depende do estado xeral da colónia. Cando as condicións son boas se lle aumenta a ración e ela proporciónalmente aumenta a posta.
Na colmea hai unha perfeita división do traballo, que depende da necesidade do momento. É precisamente esta flexibilidade o que garante a armonía social. Pero todo este comportamento non seria posíbel si non existise comunicación entre os membros da colónia; para iso, a natureza há dotado ás abellas de órgaos sensoriais que lles permiten relacionar-se co mundo que as rodea.
COMUNICACIÓN E SENTIDOS
O olfacto é un dos seus sentidos mais desenvolvidos, e polo olor recoñecen-se. Cada colónia posui un olor característico, e é a maneira de distinguir a un membro da colmena dun intruso.
A entrada da colmea está custodiada por abellas cuxa función consiste en impedir a entrada ás abellas de outras colmenas, ou ás vespas, que son xeitosos ladros de mel.
Este mesmo olor identificativo, que é xerado pola raíña a través da segregazón dunha hormona, ten outro importante cometido, inibe o desenvolvimento dos órgaos reprodutores das obreiras, que asi permanecen estéris. Pero cando a raíña enferma ou envellece, baixa a posta e tamén a hormona, daquela as obreiras empezaran a construcción de celas reais, nas que criasen novas raíñas para a reposición. Asi se segura o futuro da colónia.
As abellas poden ver a luz polarizada do Sol, algo imposíbel para o ollo humano, e asi coñece a sua posición dado que a polarización varia segundo a posición do Sol.
Pero a abella tamén conta con outros meios de comunicación e percepción que se escapan aos nosos ollos ou ouvidos; reaxe ás variacións dos campos magnéticos e percebe radiacións subtis que van dirixindo os seus actos. En liberdade, para o seu estabelecemento as abellas selecionan o que en geobiología se denominan zonas perturbadas e cruces telúricos (rede Hartmann).
Os colmenares emplazados sobre zonas de intensidade telúrica -rede Hartmann, veas de auga subterránea, fallas xeolóxicas – excitan ás abellas, facendo-as traballar con grande intensidade.Isto explica que as colmenas nestas ubicacións produzan até o duplo que as situadas en zona neutra. Estas colónias mostran maior resisténcia nos invernos rigorosos e consomen menos reservas. Os estudosos do Naturismo seguran que as abellas son capaces de transformar a enerxia emitida pola Terra en enerxia vital.
Asi como contan con orientación solar, as abellas posuen unha orientación magnética.na parte frontal do cerebro contan con partículas de magnetiña, sensíbel aos campos magnéticos. Algo semellante ao que ocorre coas pombas, capaces de percorrer grandes distáncias sen seperder , sempre que non se enfrenten con unha trevoada que altere a información magnética inicial. Estes sensores interiores permiten ás abellas orientar-se en ausencia de luz.
O vibrante zumbido da colmena deixa-se ouir como canto evocador da exaustiva labor destes seres minuciosos, pequenos xigantes constructores dunha sociedade na que todo semella estar previsto, na que cada movimento e cada acción son executados con unha misteriosa precisión e perfeizón.
A colmea – a cooperativa perfeita – na cual todos traballan incansábelmente e sen egoísmos con un único obxectivo, o ben comun.
Hai 25.000 especies distintas de abellas no mundo.
- Cal é a especie de abella que hai en Galicia e Europa? A abella negra ou Apis Melifera
- A raíña pode pór ata 2500 ovos ao día, que equivale a 2,5 veces o seu propio peso.
- As abellas deben visitar 1 millón de flores para facer 1 kg de mel.
- Unha obreira produce unha cullerada e media de mel en toda a súa vida.
- Poden voar ata 24 km por hora.
- As ás das abellas baten 183 veces por segundo.
- Unha obreira dura 45 días en verán e varios meses en inverno. A súa duración vai relacionada co seu desgaste físico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario