Razas autoctonas porcinas galegas

Porco Celta

Ficha técnica

Razas autóctonas

Nome: raza Porco Celta.
Outras denominacións incorrectas: porco do país, porco galego, beiro, porco do lombo de anguía.
Área de orixe: toda Galiza.
Aptitudes: alta calidade da carne para produtos elaborados e curados.
Feiras onde se pode ver: Silleda (Feira Internacional Semana Verde de Galicia).
Asociación: Asociación de Criadores de Ganado Porcino Celta-ASOPORCEL

Historia e orixe da raza
O xénero orixinario de todos os porcinos é o Sus, cos tres troncos prehistóricos seguintes:

-Sus scrofa (xabaril europeo)
-Sus mediterráneo (xabaril mediterráneo)
-Sus vittatus (porco asiático)
Razas autóctonas

O tronco Celta procedería do cruzamento Sus scrofa ferus co subxénero Striatosus, que se estendeu por distintos países de Europa, como Francia, Bélxica, Dinamarca, Rusia, Suecia, Noruega, Alemaña, Austria, Hungría, Suíza e Portugal, dando lugar a distintas agrupacións célticas, algunhas delas hoxe extinguidas. En España describíronse varios derivados célticos, ademais do Porco Celta, como o Navarro Baztanés, Catalán, de Vich, Molinés, de Guadalaxara, Alistano, de Zamora, Lermeño, de Burgos e o tipo máis unificado, chamado Chato Victoriano.

No hay comentarios:

 
ir arriba