A loita por Areas de Esposende e Lentille


No ano 1500 edificase o o célebre santuario de Areas, adicado a nosa señora da Aurora. Para construilo obtuvo Bula especias da sua Santidade o árroco de San Lourenzo da Pena, D. Vasco Rodriguez Seoane. Situado o edificio sagrado na demarcación das parroquias de San Lourenzo e Santa Marina, pero coa porta de entrada hacia esta derradeira, de esta foi considerada dende un principio, non sen protesta dos feligreses de San Lourenzo , que no ano 1596 promoveron o pleito reclamando para si, coseguindo únicamente que se reservse ara o seu parroco a cuarta parte das limosnas ali recollidas, coa obligación de aplicar por tallimosna unha misa todolos sabados. Mais como a medida que aumentaba a devoción resultou dificil que os de San Lourezo se resignasen a non considerala propia. Consecuencia destas rivalidades, o incidente promovido no 1847 con motivo das obras de construccón do retablo actual e varias outras reformas. Co fin de podelas facer cumplidamente, proxectouse trasladar profesionalmente a imaxe a parroquia de Santa Mariña, que era anexo independente da de San Lourenzo, o dia 24 de xaneiro;pero ao intentar verificalo, " presentaronse na capilla grupos de homes, mulleres e mozos, en forma de motin" para impedilo " dicin do correspondia a San Lourenzo e non a Santa Mariña. Os amotinados eran de Pazos Ermos e de Lentille, capitaneados por Don Jose Vazquez, de este último, que..se colocou no medio do altar gritando que non salia a procesión e amenazando coa forza" de tal forma, que, para evitar " chegar as mans", suspenderase o acto ata mellor momento, pedindo para isto a axuda do Gobernador, o cal mandou doce Gardas Civis cun Cabo o día 27 de Febreiro para auxiliar e protexer a procesión, co que se verificou o día seguinte, domingo 28 pola tarde, que foi moi concurrida".
Burlados asi nos seus proxectos os de Pazos e os de Lentille, que non vencidos na sua obstinación, amenazaban para o día da romeria;olo que foi preciso acudir de novo o gobrnador, e este tivo a ben oficiar o Brigadier Don Salvador Fuentepita, Jefe do Regimiento de Borbon que se atopaba en Rivadavia co primeiro Batallón, para que mandase a forza suficiente o efecto, e o Domingo de Pascua de Resurrección pola maña chegou a compañia inteira de Cazadores cos seus oficiais, pola tarde restituiuse a Santa imaxe de Nosa Señora de Areas a sua capilla cunha solemne procesión coa sua corresapondente escolta, e celebrouse o día seguinte Luns de Pascua 5 de Abril a sua festividade e romeria, saindo a procesión con gran escolta e un Cabo con seis soldados diante dos pendons que sairon e foron cinco, con outras tantas cruces......Pola tarde veu todo o resto do Batallón de borbón 17 de linea con toda a música que tocou no campo e o poñerse o sol regresou toda a tropa a Rivadavia.
Non pararon, a pesar de todo, os desexos dos de San Lourenzo de facer sua a venerada imaxe. Un Oficio do Maiordomo da Capilla Don Jose Maria Soto, dirixido o Prelado de Ourense o 1 de Maio do 1868, descubrenos o proxecto destes de conducila a sua parroquia, co pretexto de facerlle unha novena solemne e co fin oculto de deixala entre eles: o que o bispo prohibiu a petición dos fieis de Esposende, os que lle expoñian desta forma o seu estado de ánimo: " E esta imaxe verdadeiramente o pano das nosas vagoas e o tesouro dos nosos consuelos: os seus beneficios e ata os seus milagres estimulan e conservan de tal xeito a nosa devoción, que sen ela non poderiamos vivir; porque sen vela e rogala faltarianos o noso maior benestar"

P. Samuel Eiján

No hay comentarios:

 
ir arriba