Cen anos do Himno Galego



O 20 de decembro de 1907 o Gran Teatro de La Habana acolleu a estrea do Himno galego. Unha celebración que se conmemorou o sábado día 8 neste mesmo teatro pero que, esta vez, se estendeu a outras cidades. No Centro de Galicia-Olivos de Bos Aires, Milladoiro e Xeito Novo ofreceron un concerto; o Centro Galego Carrasco de Montevideo acolleu outro de Susana Seivane e Los Williams; San Salvador de Bahia, en Brasil, tivo un con Uxía Senlle, Carlos Núñez e Chico César no cartel. Completou o programa a Orquestra Panorama tocando desde o Gran Marina Hotel en Barcelona. A celebración foi retransmitida en directo por Televisión de Galicia.

No hay comentarios:

 
ir arriba