A historia do galego I
Os primeiros habitantes de Galiza eran de orixe preindoeuropea e ó igual que os celtas -indoeuropeos- deixaron a súa pegada na nosa lingua.
Deste xeito, atopamos no galego palabras preindoeuropeas (amorodo, lastra, veiga, etc.) e voces celtas como berce, bugallo, croio... que chegaron á nosa lingua unhas veces directamente e outras a través do latín.Os romanos chegan a Galiza (s. 1 d.C.) moito máis tarde que ó resto da península (s. III a.C.). Comeza así unha tardía romanización que conlevou a incorporación dos celtas (e outros pobos) á lingua e cultura dos conquistadores. O latín pasaba a se converter na lingua dos galegos, mais este proceso non se deu de contado, senón paseniñamente por mor de casamentos e de determinadas vantaxes administrativas como a cidadanía romana, o reparto das terras, etc. O proceso de romanización tamén se deu noutros lugares, o que explica que da lingua utilizada por aquel entón, o latín vulgar, derivasen as chamadas linguas románicas.
A partir do s. V chegan a Galicia pobos de raza e lingua xermánica que non son quen de asimilaren lingüisticamente ós galego-romanos, outro tanto acontecería coa escasa presencia dos árabes no noso país e a chegada de novas vagas celtas de Bretaña. Destes contactos, o galego recibe un gran número de préstamos lingüísticos tanto xermánicos (laberca, espeto, roupa, etc) como árabes en menor medida e máis indirectamente (Mamede, laranxa, aceite, azucre...).
No hay comentarios:
Publicar un comentario