O concello de Cenlle vai duplicar os seus ingresos
Hoxe no Faro de Vigo sae unha nova na que di textualmente que Corenta concellos da provincia de Ourense multiplicarán os seus ingresos, a partir do día 1 de enero de 2008, polos impostos que percibirán das presas e colas dos embalses que ocupan o seu territorio, segundo os datos que avanzou onte en Madrid A Federación de Municipios con Embalses e Centrais Hidroeléctricas. A demais pasaron a formar parte da comisión permanente o alcalde de Cenlle, Manuel Montero entre outros. Para o concello veñen máis cartos pero dentro duns meses ou dun ano xa vos contarei se a Lentille chega algo deste diñeiro, ainda que eu creo que a resposta xa a teño, despois de tantos anos de olvido non creo que a Lentille chegue nada para mellorar a sua situación de abandono institucional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario