Mostrando entradas con la etiqueta novas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta novas. Mostrar todas las entradas

O termalismo no Ribeiro

A comarca do Ribeiro leva camiño de convertirse nun importante referente do termalismo. Xa fai tempo que funcionan dous balnearios, con unha importante demanda durante todo o ano. A estes establecementos de Arnoia e Laias (Cenlle) moi pronto se sumarán os de Berán e Cortegada, que con máis atrancos que facilidades, pronto poderán abrir as súas portas ó público, unha vez que os promotores, unha fundación no caso de Cortegada en a Entidade Menor no de Berán, solucionen definitivamente os trámites legais. A estes dous proxectos, que xa teñen as instalacións practicamente rematadas, tamén se añadirá o balneario de Prexigueiro (Ribadavia), para o que existe un importante proxecto, pero que aínda está nas primeiras fases de tramitación. Con estas cinco ofertas termais, O Ribeiro disporá de un novo aliciente para os posibles visitantes, e o seu recoñecemento polo viño e polo patrimonio histórico artístico contará con un reforzo no sector do termalismo que xa despuntou cos dos primeiros balnearios.
(nova do periodico La Región)

O alcalde de Cenlle leva mais de 30 anos no poder



Xa é hora de ir cambiando,

O Concello de Cenlle elabora un censo de puzos abandoados


Se queres ver a nova na tvg pica AQUI
O falecemento de dous veciños de Cenlle, afogados tras caer en senllos puzos, mantén a alerta e a preocupación entre a poboación, tendo en conta que ambos accidentes producíronse nun período de seis meses. O alcalde distribuíu un bando obrigando aos propietarios a limpar a maleza e señalizarlos baixo advertencia de imposición de multas. Os pozos están situados nos viñedos e a súa auga utilízase para sulfatar. Co abandono dos terreos, os pozos quedan ocultos baixo a maleza.

O concello de Cenlle vai duplicar os seus ingresos



Hoxe no Faro de Vigo sae unha nova na que di textualmente que Corenta concellos da provincia de Ourense multiplicarán os seus ingresos, a partir do día 1 de enero de 2008, polos impostos que percibirán das presas e colas dos embalses que ocupan o seu territorio, segundo os datos que avanzou onte en Madrid A Federación de Municipios con Embalses e Centrais Hidroeléctricas. A demais pasaron a formar parte da comisión permanente o alcalde de Cenlle, Manuel Montero entre outros. Para o concello veñen máis cartos pero dentro duns meses ou dun ano xa vos contarei se a Lentille chega algo deste diñeiro, ainda que eu creo que a resposta xa a teño, despois de tantos anos de olvido non creo que a Lentille chegue nada para mellorar a sua situación de abandono institucional.

Unha nova sobre a matanza

Sacrificar o porco a coitelo será a partir do sábado obxecto de sanción

A Xunta non prevé aumentar inspeccións, pero admite que o atordamento previo non está aínda xeneralizado

A lei de benestar animal entra en vigor en plena eclosión dos matanzas en Galicia


A Lei 32/2007 para o coidado dos animais entrará en vigor o sábado, xusto o día en que media Galicia celebra unha liturxia que sofre os embates da modernidade pero que aínda conserva un notable arraigamento cultural: o matanza do porco. Un dos preceptos que establece esta lei é a obrigatoriedade do atordamento previo no sacrificio dos animais de produción, algo que xa era preceptivo, pero que, por vez primeira, conta cunha norma de rango suficiente como para tipificar claramente as infraccións e establecer un réxime sancionador. A consecuencia é que sacrificar un porco sen aturdilo previamente, é dicir, con dor, supoñerá unha infracción leve da lei e poderá ser sancionado con multas de ata 600 euros.

Esa é polo a interpretación que fai a Xunta de Galicia, que non ten previsto incrementar a partir do sábado o seu réxime de inspeccións. Fontes da Consellería de Medio Rural confirmaron que o día 8 haberá inspeccións aleatorias e que é posible que un inspector se presente nunha explotación particular, aínda que serán as mesmas que as de calquera outro día.

O matanza domiciliaria xa se viu sometida a unha nova normativa fai uns anos, cando o anterior Goberno autónomo redactou unha serie de preceptos que, tras ser anunciados, non chegaron á fase de publicación e, polo tanto, non foron de aplicación obrigatoria. Agora, matar a un porco a coitelo convértese nunha infracción que, se ben non ten unha contía mínima e podería ser resolta cun simple apercibimento, en caso de reincidir converteríase nunha falta grave e exposta a recibir unha sanción de entre 601 e 6.000 euros.

Unha festa do viño en Cenlle

En Cenlle unha festa do viño!!!!


O Concello de Cenlle, en colaboración coa Comisión de Festas da dita localidade, organiza o vindeiro día 10 de xuño de 2007 a degustación gratuíta do viño tinto de Cenlle que comezará ás 10 da mañá na praza da Tenencia.

As 14 horas haberá un xantar popular cun prezo de 8 €/persoa, que poderán retirar nas oficinas do Concello e membros da Comisión de Festas de Cenlle.

¡¡¡¡¡¡ESPERÁMOSVOS A TODOS!!!!!!

 
ir arriba