Razas autoctonas ovina galegas

Ovella galega


Razas autóctonas


Ficha técnica
Nome: raza Ovella Galega.
Outras denominacións incorrectas: churra galega, ovella do país, meiriña.
Área de orixe: Galiza.
Aptitudes: carne e la.
Feiras onde se pode ver: Silleda (Feira Internacional Semana Verde de Galicia).


Razas autóctonas
Historia e orixe da raza
A súa orixe filoxenética non está moi definida, xa que nunca se lle prestou especial atención. O interese por esta raza xorde cando a ovinotecnia moderna se fixa nas ovellas prolíficas de certas razas foráneas, decatándose de que en Galiza existía un grupo étnico con estas características. Na bibliografía sinálanse dúas orixes distintas segundo o autor.

A raza ovina galega, segundo Esteban e Tejón (1986), procede do tronco Ibérico Ovis aries ibericus, aínda que sobre a poboación orixinaria influíron un elevado número de grupos étnicos, que incidiron con distinta intensidade nas diferentes zonas ou comarcas. Entre as razas que máis influíron na Ovella Galega destacan a meiriña e, con menor intensidade, a castelá, a lacha e a churra.

Segundo Sánchez Belda (1987) a raza ovina galega encádrase no tronco Entrefino, Ovis aries celtibericus, reforzado ou potenciado por algunha influencia de sangue meiriño.

No hay comentarios:

 
ir arriba