A tenda do Luis do Gas
Aló polo 1940 había unha tenda en Lentille, no Eiteiriño. A tenda do Luís do Gas. Vendía pedras prós esqueiros, cordóns prós zapatos, barricas de arenques, velas, figos, gaseosa ou raia seca.
Na tenda do Luís do Gas non había mostrador. Nin mesas. Nin sillas. Pero aínda con todo era o lugar de reunión dos veciños de Lentille. Á noitiña xogábanse partidas de cartas con caixas de gaseosa por mesa e a frouma do chan por asento.
Mesmo tiña a súa peña futbolística a tenda do Luís do Gas. El encargábase de cobrar e pagar as apostas. As apostas de veciños doutras aldeas ou vilas pagábaas os domingos na misa.
Nos anos 60 a tenda do Luis do Gas fechou. E xa nunca outra tenda houbo en Lentille.
















3 comentarios:
Conozco Lentille, fue para mi una gran sorpresa encontrarme con este blog.Gracias por este blog kafre.Tienes que contar mas historias de este pueblo.
Tes algunha foto do Luis do Gas? Pona aqui. Era un apasionado das donas fermosas. Lembro velo pasear por Cenlle coa inmaculada gabardina cochambrosa, indoselle os ollos detras das mozas. Era un dandy inesquecible. Unha aperta
Gracias polas visitas,en canto a foto do Luis do Gas,xa estan publicadas no blog duas fotos nas que aparece él,concretamente nunha entrada que se titula "Alguns veciños de Lentille no san Blas"
Publicar un comentario