Mostrando entradas con la etiqueta A galiza meiga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A galiza meiga. Mostrar todas las entradas

ritos co auga

O auga fecundadora atopamola na praia da Lanzada (Pontevedra) onde as mulleres con problemas de fertilidade métense no mar e toman o baño das nove olas.

O auga adivinatoria. Algunhas prácticas xa case perdidas fálannos da capacidade adivinatoria do auga. Antes cando alguén estaba gravemente doente e non sabíase as súas posibilidades de curación, un familiar acudía ao río máis próximo. Levaba unha peza de roupa de roupa do doente e tirábaa ao auga. Se a roupa flotaba o doente recuperaríase, se a roupa se hundía era o sinal de seu fatal destino.

O auga sanadora. Non é estraño ver xente nas romerías que se acerca a unha fonte próxima ao santuario para recoller auga. Créese aínda nas bondades destas augas, beneficiosas para o corpo e para o alma.

As árbores na cultura galega



Como lembranza do pasado, na nosa cultura cristiá occidental, perviven elementos míticos, a pesar da posición da igrexa católica, que intentou desprestixiar concilio tras concilio, diversos cultos procedentes de vellas relixións, entre os que atopamos o culto ás árbores.



A cultura tradicional galega é de corte marcadamente campesiña, onde á árbore se lle adxudica o papel de símbolo da resurrección da vexetación, tal e como acontece na celebración dos maios, asociándose con festas de primavera-verán.

Vicente Risco levou a cabo un estudio sobre os distintos tipos de cultos con vixencia en Galicia e distingue ó respecto:

1)Cultos pagáns
2)Seres da nosa pequena mitoloxía


Entre os cultos pagáns atopamos:


- O culto ós montes e ás pedras
- O culto á auga
- Fitolatría


A árbore, nas terras ricas en bosques, desempeña un papel importante, tanto nas primitivas relixións como nas prácticas populares actuais. Algúns falan da existencia nos bosques de demos que foron expulsados do ceo; e algunhas palabras, como "nemetóbriga, nemetatos ou lucus" ben poderían derivar de "bosque sagrado", ou incluso, esta última pode provir dunha raíz prerromana en relación coas divindades da luz.

As árbores e plantas, en xeral, presentan diversas propiedades; así temos o carácter prexudicial da sombra da nogueira, tanto para as persoas como para as sementes. Hainos que producen un efecto purificador, como os allos, cos que poder refrega-los animais caseiros o día da noiteboa; tamén os carballos presentan esta virtude, ademais de posuír a condición de seren sagrados, de sombra proveitosa, manifestan a capacidade de sandar os doentes ós que se lles fai pasar a través dunha fenda que teñen no tronco, xa que no seu interior agochan as "pedras do raio". Tamén hai outras especies ás que se lles outorga un carácter preservativo tal e como poden ser: o loureiro, a oliveira, o teixo, o belitroques, o sabugueiro, a cerdeira, o cinamomo ou árbore de Santo Eutelo, o carballo virgondoiro, o cerquiño, o acivro, o carballo negro, o salgueiro chorón, as castañas de indias, as cebolas, mentres que a nogueira ofrece un efecto curativo en relación ós furunchos e cortaduras.

O carballo é a árbore sagrada por antonomasia para os galegos. Agochan o raio no seu seo, sandan os doentes que pasan polas súas fendas, libran de doenzas contaxiosas a quen as padece e posúen numerosas propiedades salutíferas.

O acibiño (segundo cren algunhas das nosas xentes supersticiosas e segundo di o nomeado libro Ciprianillo) posúe facultades prodixiosas para namorar. Cando un mozo desexaba ser amado por unha rapaza abondaba con que a noite de San Xoán (24 de xuño) fora cortar ás doce en punto un acibiño, que o levase ó mar e o pasase por debaixo de trece ondas, rezando cada vez un credo. A póla tornaríase máxica e a moza á que se lle tocase con ela ficaría tolamente namorada do galán.

A aciñeira
é unha árbore de feitura e tamaño moi variables, o seu froito , a landra, utilizábase para alimento do gando porcino. Dicíase que as aciñeiras bretonas tiñan a propiedade de sanda-las persoas faltas de saúde que deixaban as roupas penduradas das pólas.

A nogueira é unha árbore rica en substancias amargas e tanino. Follas e cortiza empregábanse na medicina popular, no interior como purgante e no exterior contra das doenzas do cute. A cortiza tingue dun amarelo pardo e a madeira é moi estimada en ebanistería pola súa febra fina, pola dureza e polo fermoso veado. Os paisanos gárdanse instintivamente da sombra da nogueira por crela nociva.

AS ÁRBORES EN GALICIA

Na antigüidade debeu estar moi estendido o culto ás árbores. A isto lévannos os termos "Nemetóbriga", "Nemetatos", "Lucus" (Nemeth, voz celta que significa bosque sagrado, e lucus, vocábulo latino de similar significación ) que nos fan pensar en bosques sagrados na Galicia.

A Igrexa Católica encirrouse en desprestixiar, concilio tras concilio, o culto as árbores que, procedente das vellas relixións, non desapareceu de todo e chega ata os nosos días de diferentes xeitos. Na comarca duminiense falábase da existencia nos montes de "moitos demos dos que foron botados do ceo".

Hai árbores consagradas a santos, como o carballo de Santa Mariña das Augas Santas, do que se dicía que sangraba cando o ferían. Hainos nos campos de feira ou da festa dalgunhas aldeas,que serven para xuntar a xente.

A cultura tradicional galega, de corte maiormente campesiño, ten na árbore un símbolo de resurrección. A árbore participa da rexeneración primaveral cíclica dos maios en toda Galicia, pero especialmente na do 3 de maio de Laza, onde os mozos rouban unha árbore e lévana ata a praza principal da vila para presidir a festa. Os maios son en si mesmos unha festa de exaltación da fertilidade vexetal celebrada con cantares e con roupas vexetais que visten os mozos.

É crenza común que as árbores teñen boa ou mala sombra. Son de mala sombra o castiñeiro, a nogueira, a figueira e o ciprés dos cemiterios; durmir ó seu carón senta mal e ata se pode enfermar. Pero xeralmente as árbores considéranse beneficiosas. Son as máis salientables o loureiro, a oliveira, o carballo e todas as árbores froiteiras. Este sentir popular recóllese no refrán: "Quen a boa árbore se achega, ben acobexa".

Na cultura popular cada árbore ten a súa función. Para preservar ou protexer son os loureiros e as oliveiras que protexen contra as tormentas, os malos espíritos, as bruxas e evitan que a envexa prexudique os meniños ou os animais da casa. Ponse unha póla enriba entrada, tanto da casa como da corte.

Antes poñíase na entrada das pousadas e tabernas unha póla de loureiro para indicarlle á xente que eran bos lugares de descanso. Cumpría así o ramo dúas funcións: protexía o viaxeiro e dáballe sorte ó negocio. No caso da oliveira, nove follas purifican e levábanas as mulleres que ían tomar as ondas. Tamén se usa para protexer e conxurar nos nenos o mal da envexa, lévase o neno á oliveira e alí, espido, toca a árbore dicindo: " oliveira bendita quita do neno a fada da envexa".

O carballo cura a sarna, rañando o corpo contra del,;Antes, para curar a un neno doente facían unha fisura no tronco e facíanlle pasar por aí tres veces. Despois poñían un cabo arredor do tronco e se o tronco uníase significaba que o doente sanaría, se non.... Outros simplemente abrazaban o tronco para curarse. a árbore de Santo Outel (cinamomo) cura a rabia, o acivro os cólicos, a nogueira os furúnculos e cortaduras; os carballos, en xeral, curan as esbrilladuras, o arangaño e outras doenzas dos nenos, pasando o doente por entre dúas gallas que fagan forquita ou por dúas partes dunha póla que se fende adrede e se ata despois para ver se liga ou non, que será sinal de que cure ou non cure.



Como nos dixo Castelao: "A árbore é o símbolo do señorío espiritual de Galicia. A árbore é un engado dos ollos, pola súa fermosura; é unha delicia dos oídos, porque nela cantan os paxaros; é un arrolado do espírito porque nas súas pólas conta contos o vento. A árbore pídelle auga ó ceo para que a terra teña sangue, vida e bonitura".

Cando Castelao escribía estas palabras das árbores saían mobles, ferramentas, trabes.... Tódolos utensilios, que rodeaban a vida dunha persoa dende o seu nacemento ata o seu enterro (nunha caixa de madeira ), proviñan das árbores, non é de estrañar que tamén dende a noite dos tempos forme parte dos nosos deuses, deses ós que nos diriximos, (maiormente sen decatarnos ) cando levamos para a casa unha póla de oliveira ou de loureiro bendicido o día de ramos. Inda hoxe está moi estendido o costume de plantar un limoeiro e un loureiro na horta, ben preto da casa, porque dá "boa sorte", ademais de ter á man un limón e unha poliña de loureiro, " para o que sexa mester".


Os animais nas crenzas galegas

Atopei isto e queria poñelo completo porque a maior parte das cousas que aqui se relatan eu levoas oindo en Lentille dende que teño recordos.

Calquera que estivse en Lentille ou en calquera parte de Galicia, escoitou

algun destes ditos.


Os animais nas crenzas galegas


En moitos pobos antigos existiu o culto e a adoración ós animais; e algúns dos nosos escritores así o confirman no referido a Galicia, engadindo e demostrando con datos elocuentes que os tempos protohistóricos deixaron no noso país vestixios claros tamén do culto ofiolátrico, e dicir ó dispensado ás serpes.

Por outra banda, os animais constitúen frecuentes e variados motivos de ornamentación en gran número de igrexas galegas e noutros antigos edificios. Os animais interveñen en moitas lendas da nosa literatura, falando e dialogando, dotados de intelixencia e de linguaxe. Tamén as incrustacións atopadas en varios rochedos de lugares galegos conservan presentacións de animais. No folclore galego os animais interveñen moito nos contos, frases, adiviñas, agudezas e proverbios, tal é o caso dalgúns deles, coma o raposo, o lobo, o rato, a donicela, o cocho, o galo, o cuco, etc.

A abella é considerada como o emblema da actividade e do traballo e por iso nos nosos refráns castígase a quen mata un destes insectos. Ademais, os nosos labregos pensaban que os espíritos (as ánimas) dos mortos viñan de vez en cando á terra coa aparencia dunha abella. De aquí provén, sen dúbida, o respecto que se lle gardaba a este animal en Galicia. Existe un refrán que di:

"O que mata unha abella ten cen anos de pena".

Os abellóns e abesouros (nalgúns lugares chamados "abelouros") forman colonias que se instalan no chan debaixo de masas dalgunhas plantas coma o brión e o lique. Os nosos labregos pensaban supersticiosamente cas meigas que querían facer dano tomaban a forma de abellóns. De aquí é que ven o refrán galego que di : "o que mata un abellón ten cen anos de perdón".

Os nosos labregos denominan alacrán á eiruga da bolboreta de caveira, chamada tamén bolboreta da morte, e a outras eirugas de tamaño grande que posúen feitío dun dedo, como as que se atopan entre a ramaxe das patacas, de cor cinza escura, as que hai nas follas das vides, de cor verde, as que hai nos montes, negras, e as que se criaban nas oliveiras. O alacrán, común en Galicia, está asociado á crenza popular de que a súa picada é mortal, o que fai que os nosos aldeáns sentisen cara a estes arácnidos un instintivo terror, tal como amosan non poucos refráns do folclore galego. Nuns lugares crían ca picada sandaba queimándoa e botando na ferida os pos do bichoco (vermes das carnes e froitas) ; e noutros lugares usaban para iso o aceite de alacrán.

Hai un refrán popular que di:

Se te pica un alacrán
Busca crego e sancristán
Que mañá te enterrarán...



O unicornio ou alicorno é un animal fantástico, que ten corpo de cabalo, e represéntase cun corno no medio da fronte. Nalgunhas comarcas de Galicia chamaban tamén alicorno a un cabeiro de xabaril co que se realizaban curas milagreiras. Este alicorno estaba engastado na base dun armazón de prata. Xeralmente era gardado como se fose un tesouro por unha vella que o aplicaba contra toda clase de dores, incluídos os de parto, contra o tangaraño ou raquitismo que padecían algúns rapaces enganidos, contra as doenzas que se supoñían producidas por algunha meiga ou algún mal de ollo, e contra as cóbregas que, pola noite, ían zuga-los ubres das vacas e os peitos das mulleres que crían. A virtude curativa do talismán estaba nunhas lixeiras raspaduras que se lle sacaban e se botaban nun pouquiño de leite, sobre o que a vella facía tres cruces co mesmo alicorno e pronunciaba unhas palabras a xeito de esconxuro; despois o doente bebía o leite.

O chamado “anelo de alicorno” era unha sortella de prata que tiña engastado un cachiño de alicorno ou hasta de cervo voante, e que se chaman escornabois e vacaloura. A este becho atribuíanlle os labregos grandes virtudes, constituíndo un dos amuletos do país. Botándoo na auga onde se facía a masa para enfornar, pensaban que o pan levedaría máis axiña. Lavando as mordeduras de serpe ou doutro animal pezoñento con auga na que estivese mergullado este animaliño algún tempo, a ferida sandaría. Revolvendo a encaldada que se lle daba ós cochos coa man portadora do anelo de alicorno tíñase por certo que o cocho quedaría librado do maleficio que algunha persoa lle puidese ter botado na comida. Adoitábano levar os homes e as mulleres, polas propiedades marabillosas das que o crían dotado, pois tamén afastaba o mal de ollo e algunhas outras doenzas.

A andoriña e a ave que fai o niño de terra, colocándoo xeralmente non ángulos das fiestras, nos corredores das casas das aldeas ou debaixo dos tellados, e revestíndoos polos exterior con barro, e no interior de plumas, herbas e brión. Antigamente estaba consagrada ós deuses e por iso non a mataban, considerándoa como heraldo da primavera.

Aínda hoxe son respectados os seus niños no noso país polos moradores das casas que elixe para procrear, porque en Galicia tamén é popular a lenda segundo a cal unha andoriña aliviou os sufrimentos de Xesucristo no Calvario arrancándolle co pico algunhas espiñas da coroa, sendo ademais xeral o sentimento de que leva a sorte á casa onde aniña, porque é o paxaro máis caseiro. Na comarca mindoniense adoitan ficar durante o inverno algunhas andoriñas que se resgardan nos penedos e fan os niños en palleiras.

Con relación ó año branco, o folclore galego daba por certo que para desengada-los fantásticos tesouros subterráneos que se pensaban, estaban baixo dalgúns castros era indispensable entregar ós mouros ou xigantes mitolóxicos que os gardaban un año branco, sen mancha ningunha doutra cor; e aínda había gardiáns tan esixentes que pedían que tivese dentes negros. Algúns folcloristas galegos, como López Cuevillas, supoñían a estes xigantes mitolóxicos animais coma gardadores dotados dun carácter infernal e demoníaco, a xulgar polas ofrendas eles que demandaban. Outros xigantes, pola contra, conformábanse cun animal puro, como se a súa natureza fose máis benéfica.

A araña en Galicia polo xeral non é do tipo das pezoñentas malia producir horror, especialmente ás mulleres. A súa picada, sen embargo, pode ser perigosa por contaxio ou transmisión, pois aliméntase de substancias animais, xeralmente descompostas. Os nosos devanceiros considerábana purificadora do aire porque na tea que fabrica, apreixa os corpúsculos danosos que pairan nel. Moitos dos nosos labregos tiñan o costume de frea-las hemorraxias coa tea de araña, da que superpoñían varias capas a modo de emplasto por riba da ferida aberta, favorecendo con este sucio apósito a coagulación do sangue. As xentes supersticiosas pensaban que cando as arañas camiñaban polas paredes cara arriba era sinal de bo tempo, cando andaban cara abaixo agoiraban treboada, e cando saían dos escondedoiros prenunciaban que ía chover; e así dicían que ventaban chuvia.

Os ouveos dos cans aínda adoitan ser considerados polos campesiños como agoiros fatídicos pois cren que prenuncian a morte próxima dalgún veciño do lugar que estea doente , sobre todo cando ouvean a altas horas da noite.

Pensaban que era de bo agoiro a súa aparición nocturna como un can branco ou, o contrario, como funesta se se presentaba como can negro.Consideraban moi axeitada a lingua de can para a curación de feridas e por iso deixaban que estas fosen lambidas por el a fin de que cicatrizasen máis pronto.

O can doente era o que padecía da enfermidade da rabia e percorría as aldeas no verán. Na comarca onde aparecía sementaba un pánico de tal magnitude que logo xurdían os homes armados con paos, fouces e outros apeiros de labranza para perseguilo e matalo. En Monterroso e outras zonas lucenses, o mesmo que noutras ourensás, cando unha persoa era mordida por un can doente, levábana a unha fonte para que mirase as augas do pío: se vía nelas a cabeza dun can era sinal de que o animal lle tiña infiltrado o virus; se non a vía, era este indicio de que a mordedela non transmitira a hidrofobia. Nalgunhas comarcas, por vella crenza, acudíase á intervención dalgún Santo para impetrar que non tivese consecuencias funestas a mordedela do can que se supón doente, sendo Santo Eutelo o considerado máis avogoso para estes casos.

O carneiro negro trátase, segundo a vella superstición ou mitoloxía galaica, do animal que con esta figura ía por veces coa Santa Compaña dirixíndoa e guiándoa na súa procesión nocturna a través de campos e fragas.

A galiña non canta senón que cacarexa, por iso, cando algunha imitaba o canto do galo, crían os nosos campesiños que estaba a vir unha desgracia á casa ou que anunciaba a presencia dalgún xenio maléfico. Cando a oían cantar, adoitaban dicir:



Pasa, mala cousa, pasa;
Deus bendiga a nosa casa
cunha panca por riba da casa.



Nalgunhas comarcas galegas, soíase curar a dor de costado aplicando sobre o punto unha galiña negra, viva e aberta en canal, e ademais era común pensar que o caldo desa galiña é moi saudable.

Tamén hai quen daba por certo que moitos dos tesouros fabulosos que existían debaixo dos castros ou das covas e furnas eran anunciados por unha galiña que tiña os pitos de ouro.

O galo é como un reloxo nocturno para a xente do rural; marca moi ben as horas, cantando tres veces: arredor das doce, de dúas a tres e ó saír o sol. O canto do galo antes da media noite tomábase supersticiosamente coma agoiro de morte ou desventura próximas.

O gato atópase na compaña do home porque este o precisa para opoñelo a outro inimigo doméstico, máis incómodo e difícil de escorrentar: o rato. Na Galicia campesiña o gato sempre foi considerado como un animal meteorolóxico; e por mor desta común crenza críase que moitos dos seus actos nalgúns días sinalaban o estado do tempo con máis seguridade cá dun bo barómetro. Deste xeito, cando o gato corría moito pola casa era sinal de vento; e cando lavaba a cara anunciaba unha visita ou chuvia próxima. Supoñían os supersticiosos que enviando un pelo de gato producíaselle epilepsia a quen o recíbese e que se se comía algo que o gato tivese probado, adquiríase asma ou algunha doenza propia dos gatos. Mesmo hai tamén aínda quen cre que un gato completamente negro dá boa sorte na casa, e outros pensan que é todo o contrario, que ver un gato negro é sinal de mala sorte.

Segundo as crenzas populares, o canto do grilo era sinal de benestar; por iso non se perseguían senón que se deixaban en paz os domésticos e cazábanse os machos para telos na casa durante o verán, pechados en gaiolas, onde pasaban toda a noite cantando.

Os grilos que máis e mellor cantan son os que posúen na parte superior do corpo un debuxo que semella un "P", e que os rapaces chamaban "Príncipe", como chamaban "Rei" ó que loce un R no debuxo dos élitros, pero que non canta tanto nin tan ben. Os príncipes eran os preferidos dos rapaces, que ían cazalos ó campo, por seren os máis solicitados polas xentes das cidades que adoitaban compralos para o seu lecer.

Cando os rapaces de cidades, vilas e aldeas apañaban unha margaridiña (mariquita) colocábana coidadosamente encol do envés da man e, deixándoa en liberdade, dicían: " Margaridiña de Deus, abre as aliñas e vaite con Deus"...se o insecto voaba, deixábano marchar ledos e satisfeitos. En moitos lugares de Pontevedra, ó canto de margaridiña, chamábanlle xoaniña de Deus.

Hai moito tempo, en moitas comarcas de Galicia chamábaselle "marta" (anque este nome pertence tamén a un mamífero) a un paxaro nocturno semellante á curuxa. Críase en varias comarcas que cando se a vía voar arredor da lámpada para zuga-lo aceite era sinal de que andaban preto os espíritos infernais, a invisible presencia dos cales asustaba a este paxaro lúgubre.

Chamábanse paxaros da morte ós que pertencían á clase de rapina nocturna. Considerábanse mensaxeiros da morte, e críase cós seus cantos ou berros anunciaban o pasamento dunha persoa coñecida. Isto deu lugar a moitas crenzas. Temíase o seu canto lúgubre porque só se oía pola noite; sen embargo, tíñase como de bo presaxio se se refuxiaba nun pombal.

Baixo este nome, paxaros da morte, encontrábanse a maioría dos paxaros nocturnos como o bufo, a choia, a curuxa , etc. e eran todos estes considerados paxaros de mal agoiro polos campesiños, no só por viviren nos misterios das sombras, senón polos seus cantos lúgubres, que adoitaban ser considerados fatídicos por quen os oían.

Nalgunhas comarcas galegas críase supersticiosamente cas meigas se convertían por veces en moscas ou moscóns para facer dano ós homes e animais, e aínda se daba por certo que nos xuntoiros da noite de San Xoán as bruxas repartían as moscas que había haber nas casas durante o verán.

O encontro co moucho, esta ave, do mesmo xeito que o efecto de oí-lo seu canto, tíñase en moitos países como presaxio funesto e de mal agoiro. Desta crenza supersticiosa non se librou Galicia, como amosa o cantar popular que di:



Eu ben vin estar o moucho
enriba daquel penedo.
Non che teño medo, moucho;
moucho, non che teño medo.



Pensábase que cando as pegas e os corvos voaban adoito ó redor dunha casa onde houbese algún doente era sinal de que morrería de contado. Os corvos e pegas dando voltas sempre eran considerados signos de morte...



Afirmaban os campesiños que se alguén collía a cabeza dun miñato e a colocaba sobre o estómago, facíase querer de todos, especialmente das mulleres; e que se a cabeza do miñato se penduraba do pescozo dunha galiña, esta correría sempre e non pararía ata que llela quitasen; e que se se fretaba co sangue do miñato a crista dun galo, este non volvería xamais cantar.



O morcego foi obxecto de preocupación en tódolos tempos. Hai quen aseguraba que bebía o aceite das lámpadas nos templos cando o que de certo procuraba eran os insectos que voaban arredor da luz. Hai quen o consideraba de mal agoiro se entraba nun cuarto. Sen embargo, era inofensivo e debería ter sido máis respectado e protexido porque era moi útil para limpa-la atmosfera de mosquitos, cínifes e insectos. O morcego non se pode facer doméstico, aínda que se apliquen nese propósito os maiores coidados; non é certo que teña visión na escuridade, como cre o vulgo, senón que a grande amplitude das súas ás, as longas orellas e a sutilísima finura do seu oído-radar substitúen a visión, e, deste xeito, pode penetrar nas covas, percorrelas en todas direccións e segui-las tortas galerías sen tropezar nos ángulos. Unha especie moi común en Galicia é o morcego de ferradura, grande, con varios apéndices nasais dotados dunha chamada ferradura arredor das ventás do nariz; outra é o morcego orelludo, así chamado polas grandes orellas.

A pomba foi considerada sempre como símbolo do amor conxugal, pola fidelidade que se gardan o macho e a femia axeitadamente emparellados. Como elemento decorativo, a pomba figura representada en construccións rurais do país, pois non é estraño vela nas puntas dos tellados en outono, a dúas augas, unhas veces en repouso e outras en actitude de comeza-lo voo; e aínda servía de coroación a moitos canastros e a non poucas chemineas aldeás, en número de dous, colocadas unha fronte a outra.

Considerouse tamén como ave de significación lúgubre e demoníaca, téndoa por símbolo fúnebre nas sepulturas cristiás. Esta crenza estaba tan arraigada na conciencia popular que nun romance antigo, a sogra cruel e vingativa dicía que ó volver da caza o xenro odiado lle daría de comer do que traia: da perdiz sería o de menos, e da pomba sería o máis, feito que amosa a pouca ou ningunha estimación na que era tida a carne de pomba.


A salamántiga ou sacabeira, a que se coñece en Galicia é de brillantes cores, e por estes e polas formas que amosan chama a atención fóra do noso país... Ten como unhas seis polgadas de longo, rabo redondeado e cor negra con manchas de amarelo vivo ós lados, debéndose a isto o nome galego que se lle dá. Os campesiños considerábana velenosa, crendo que abondaba a súa presencia e proximidade e as súas segregacións, que eles chamaban orballo, para produciren doenzas graves no gando. Tal crenza non estaba xustificada, pois o líquido que flúe dos seus costados cando se alporiza só é mortífero para animais pequenos.

Había un refrán que dicía : "Se te morde a salamántiga, que che fagan logo a cama".


O Meniñeiro


Duende simpático onde os houber, nada molesto, e que ten unha moi especial predilección polos cativos, tal e como ocorre cos seus parentes cántabros, os cuines. Manifestan de xeito ostentoso o seu cariño cara aos humanos do seu mesmo tamaño e seguramente a eles se refire o Padre Fuentelapeña cando, recollendo datos de distintas fontes do século XVII, escribiu o que segue:
Os duendes, por unha parte alédanse cos nenos e non cos grandes, pois aínda que estes téñeno visto varias veces, non os viron con aquela faciana leda co que o soen ver os nenos, segundo eles o refiren.

En lentille,e en Ourense en xeral, existe a crenza de que é o meniñeiro quen fai sorrir aos nenos acabados de nacer. Por esa razón, se o pequeno está triste e non se ri é sinal inequívoco, para eles, de que o duende non está na casa

os trasnos



Na mitoloxía galega existen uns seres fantásticos chamados trasnos . Son seres ou espíritos domésticos sen forma determinada que poden adoptar incluso a dun animal. Non son seres maléficos; cóntanse lendas nas que estes seres colaboran nos labores do fogar sen que isto impida que se burlen da xente que habita a casa. Burlanse dos humas agochando cousas e producindolles pesadelos e calquera outro tipo de "trasnadas" semellantes, chegando en ocasions a cambiar de vivenda acompañando á familia que fai a mudanza.
Nalgúns conxuros, como é o caso do conxuro da queimada, aparece reflectida a figura do trasno como un ser non desexable, que será quemado na lume xunto coas meigas (bruxas), diaños e demos.

Nestas terras de meigas, o trasno recibe varios apelativos segundo a que se dedique. Así, por exemplo, recibe o nome de tardo de dedicarse a absorber a enerxía vital dos que dormen; trasno, de dedicarse aos quefaceres propios dos seus conxéneres, ou sexa, a revolver a casa e facer desaparecer obxectos; Xas, se non fai ningunha das cousas antes ditas, senón todo o contrario; Meniñeiro, se protexe e divirte aos nenos, ou diaño burlón, se fai trasnadas polos camiños ou os montes.

Nalgúns lugares de Galiza séguese asociando o duende ao demo, e pensan que este corre pola noite en busca de fiestras mal pechadas para fuxir. Para impedirlle pasar, poñen xunto a eles un prato de millo, pois no momento que o verte ou espalla vaise a outra parte e non volve a aparecer. O demo é tan popular que recebe en galego varios nomes, segundo as zonas, culpándoselle dos sucesos aparentemente inexplicabeis que ocorren (é cousa do demo), por iso no só o trasno sería un demo, senón tamén o abelurio, cachano, demiño, democho, demóncaro, demontre, diaño, déngaro, perello, perete, rabeno, rabudo, demachiño, resalgario, zuncras, sucio, etc.

En Galiza, coma tamén ocorre en Cantabria, o trasno non ten á man burato algún que lle impida reunir os grans de millo que teña derramado, pois, segundo M. Murguía, gústalle contar os grans un a un, mais en canto pasa de cen trabúcase, comeza outra vez, trabúcase outra vez e acaba por se aburrir. Nunca son malignos, aínda que si moi rebuldeiro, mais non hai que confundilos con aqueles que infunden entre as xentes o que chaman o tangaraño, coa súa individualidade propia, xa que se trata dun duende vampirizante. Respecto ao seu aspecto físico, parece ser que son moi parellos aos asturianos e que lles gusta transformarse con moita frecuencia en animais, pero só cando actúan fóra dos límites da casa.

Cóntase que, unha tarde de frío, levaron a un deles en forma de cordeiro branco e, ao entrar na cuadra, os demais animais, ovellas e cabras, golpearon nerviosos o chan coas patas. Ao día seguinte, ao abrir a porta da cuadra, saíu correndo das fincas con tal rapidez que se deron conta entón que colleran a un trasno (ou a un diaño, dirán outros).

A identificación do trasno co diaño burleiro, ou "diablillo burlón", como xa dixemos é algo moi habitual, e da mesma opinión é o folclorista Luis Moure, que lle atribúe as mesmas facultades transformistas que posúe aquel e as súas mesmas anécdotas, como a de adoptar a forma de burro e alongarse cando alguén o monta.

En Galiza, o trasno está tan presente na nosa cultura popular que son moi famosos os seguintes ditos: Anda facendo trasnadas ou é un trasno, cando sinalan a alguén que non para de facer trasnadas. Outras frases populares e de uso corrente son: Anda feito un trasno, aplicada á persoa que anda soa polos camiños, Seica anda o trasno comigo, dito por aquela persoa á que todo lle sae ao revés de coma o planeara, ter o trasno no corpo, ou o refrán: Nunca se farta o trasno de facer trasnadas.

As bruxas galegas e a inquisición

Entre 1619 e 1628 numerosas mulleres de Cangas (Pontevedra) foron xulgadas polo Tribunal do Santo Oficio (Inquisición) por suposta "bruxería". Hoxe en día sabemos que aquelas desgraciadas, que acabaron confesando atrocidades a forza de espantosos tormentos, foron en realidade víctimas dunha invención dos inquisidores.

A "caza de bruxas" estivo directamente provocada polo emprobecemento xeral que seguíu á invasión turca de 1617. A pequena nobreza víu descender as súas rendas de xeito alarmante, polo que buscou por tódolos medios os recursos necesarios para mante-lo seu nivel de vida. A Inquisición, integrada case exclusivamente por membros deste grupo social, foi un eficaz medio para logra-lo seu propósito.

Escudo de la Inquisición

O obxectivo primordial era arrebatar a certas persoas os seus "dereitos de presentación" en capelas e freguesías. Consistía este dereito en que os sucesores do fundador dunha igrexa podían propoñer ó seu titular cando quedase vacante, e á súa vez participar dos beneficios que aquela xerase.

Para disimular o seu reprobable propósito, mesturaron algunas que si os posuían con outras que eran "pobres de solemnidade". Moitas delas atopábanse totalmente desamparadas, por ter quedado viúvas tralos tristes sucesos de 1617.

A lavandeira


Sorprenden ao camiñante pola noite mentres lava a roupa convidando a esta a que colabore. Esta persoa ha de facelo pois do contrario estará exposta a serias desgrazas.

O seu aspecto é totalmente común, é como calquera outra anciá diferenciándose porque as pezas que lavan están manchadas de sangue.

Créese que estas roupas que lava están manchadas da súa propia sangue como consecuencia dun mal parto.

Dise que a lavandera non pertence ao reino dos vivos.

O modo de liberarse dela é pasar de longo sen dirixirlle palabra algunha.

Marimanta


É unha anciá fea e encorvada que porta sobre a súa costas chepuda un saco pedindo humildemente esmola. É conveniente cumprir o seu desexo porque trátase da muller do saco, quen rouba nenos e fainos desaparecer.

Créese que Marimanta non é do país, se non que veu de lonxe, probablemente por mar na época dos celtas.

Ao menor descoido mete a un neno no seu saco e desaparece. Por iso, se o saco vai avultado, debese deter e sacudir ata que solte a súa peza de roupa, así liberarse á vítima que, doutro modo nunca máis se volverá ver.
O que aínda ninguén puido saber é a onde leva as criaturas que secuestra.

Dama de Castro

Todo aquel que atope a esta meiga non recibirá máis ca ben si lle pide axuda ou consello, pero non e fácil atopala pois vive baixo castros milenarios ou baixo terra nun castelo de cristal.

E fácil distinguira pois leva sempre un longo vestido branco de cola como si acudira a unha ceremonia de boda.

Como goza de benestar e fortuna ningún tipo de halago ou favor serven para recibir consellos ou agasallos. O contrario soe aparecerselle a persoas aflixidas por algunha situación difícil da sua vida, e a esas persoas de condición humilde concedelle os seus favores.

Maria soliña

Non queda ningunha pegada física de María Soliña pero a pesar disto a suposta bruxa de Cangas esta na memoria popular pola sua triste historia.

O Seu pai e o seu home, os dous mariñeiros, morreron victimas da piratería turca. Soa e desamparada, xa de ancia mendigou polos camiños e chegouse a dicir dela que era bruxa ata caer nas fouces do temible tribunal do Santo Oficio.



Maria soliña foi a que máis trascendeu do seu tempo, inmortalizada en cantares como o que di: "Ay que soliña quedaches, María, María Soliña". Esta cantiga parece indicarnos que as xentes a lembraron, maís que como maléfica e perniciosa bruxa, como unha pobre e desgraciadísima muller, reflexo de tódolos sufrimentos do pobo.

María Soliña, posuidora de dereitos de presentación en Aldán e
Moaña, entrou nos cárceres secretos da Inquisición no 1621. Todo o proceso foi dirixido a demostrar que esta inofensiva muller gozaba de poderes demoníacos, capaces de provocar incontables males, e que entregara a súa alma ó diaño. Pero foron as propias confesións de María Soliña, provocadas polo suplicio, as que chegaron a roza-lo paroxismo. Asegurou ser bruxa dende había máis de 20 anos, e ter tido actos nefandos co demo durante longo tempo, o cal se lle aparecía en forma de home.



E mentres isto declaraba, María Soliña suplicaba clemencia ó Tribunal e proclamaba o seu arrepentimento, pois aseguraba que xamais renegara de corazón de Noso Señor, senón só de palabra. Todo isto revela a desesperación anímica desta muller, como consecuencia dunha terrible tortura física e psicolóxica. O 23 de xaneiro de 1622 chegou por fin a sentencia. Foi condenada cunha confiscación de bens, debendo porta-lo hábito penitencial durante medio ano. Non sabemos se chegou a cumprir toda a pena, pois probablemente a súa vida non durou moito máis. As secuelas físicas do tormento non podían deixar de notarse nunha muller de 70 anos de idade. A súa acta de defunción non foi atopada aínda. Tal vez algún día descubramos onde repousan os seus castigados restos.

O meigallo



Chámase así o feitizo, embruxamento, encantamento de que se valen meigas e feiticeiros para acada-los seus propósitos. Hai xente en Galicia que cre que o meigallo é cousa certa, considerándoo efecto da envexa. Métese no corpo da persoa elixida, xeralmente unha moza abandonada polo noivo, ou unha muller que se cre víctima da envexa.

A persoa que padece a doenza non entra por propio gusto na igrexa nin atende á misa, pero os parentes ou amigos e amigas obrígana a oí-la misa cantada; evidénciase o seu feitizo no feito de que mentres o crego ergue a hostia e o cáliz, ela berra, bota escuma e retórcese en convulsións case epilépticas e cae rendida, abeirada polos que a suxeitan que no en tanto non deixan de lle dicir, un pouco arrepiados e autoritarios: ¡bótao fóra!... ¡bótao fóra!...


Ritos para librarse das meigas


A crenza nas meigas obriga a unha serie de ritos moi especiais para escorrentar posibles perigos: gardar unha ferradura no fogar, tras a porta de entrada, ou levar consigo un dente de allo, una castana pilonga ou varios obxectos que libren do mal de ollo ou otros feitizos.

Polo xeral as xentes sinxelas temenas ou rexeitanas, pero tamén as buscan, cando con ensalmos acuden a elas para curar algunha dor ou para descubrir o porvir.

Tiñan as Meigas unha idea real, se ben fantástica, das facultades superiores das que se crían dotadas; e cando nun proceso se lle preguntou a unha delas se fora polo aire montada nunha vasoira, contestou: ¡ Iso por suposto, xa se sabe!

Métodos para protexerse das meigas

Levar no pescozo un colar de ramas de mórdago, allo ou cunchas.

Cravar sobre as portas das casas, morcegos, espunllos de galo, colas de lobo, ferraduras de cabalo.

Ter en casa terra bendita dos cemiterios, sal, tixeiras abertas ós pés da cama, orina de cabalo, cordas de aforcados.

Buscar garras de fera, patas de ave de presa, pedras furadas.

Poser en forma de variñas, colgantes ou pectorais, anacos de azabache, ámbar e distintas pedras capaces de rexeitar os velenos i encantamentos.

As meigas




Galicia é terra celta e máxica. En toda a sua xeografia palpita o misterio dende tempos ancestraies, poblarona seres fantásticos surxidos do descoñecido. Así nos camiñoss onde silba o vento, nas corredoiras que azouta a chpiva, nas fragas umbrosas, nas encrucilladas de camiños podemos atoparnos con estes seres y sentir el escalofrio al notar su presencia.
Entre los seres fantásticos más representativos están las "meigas", mujeres veleidosas a las que se le atribuyen un pacto con el demonio que les dota de poderes excepcionales. Hay meigas buenas y malas.


A crenza nas meigas é mito central do noso acervo supersticioso; elas representan para o pobo o mal e o pecado, o danoso e o prexudicial; todo o contrario á bondade e ó ben, feito polo que se diferencian das fadas, que significan o favorable e o adverso (dada a súa dobre condición de boas fadas e malas fadas).

O específico da identidade das meigas é a vellez, acrecentada pola dureza, a crueldade e a vinganza, aínda que tamén por veces son boas. Polo xeral, as xentes sinxelas témenas ou rexéitanas, pero tamén andan á súa procura, cando con ensalmos acoden a elas por curaren algunha doenza ou por descubriren o porvir.


Atribúenselle sortilexios, maleficios e meiguerías; críase que estaban dotadas dun poder sobrenatural, diabólico, para cabalgar de noite polos aires a carranchapernas en paos de vasoiras e dirixíndose os sábados a Sevilla ou ó areal do Coiro de Cangas, onde celebraban xuntanzas co mesmo demo. Para realizar estas excursións nocturnas polo espacio aéreo untábanse con ungüentos que agochaban na pedra da lareira, e aínda ás veces facían beberaxes para zuga-lo sangue ós rapaces (de onde lle ven o nome de meigas chuchonas que ven sendo o mesmo que dicir vampiros na mitoloxía popular).

Tiñan as meigas unha idea real, se ben fantástica, das facultades superiores de que se crían dotadas; e cando nun proceso se lle preguntou a unha delas se fora polo aire montada na vasoira de costume alporizada e burlona contestou : ¡iso, por suposto, xa se sabe!.

Duramente perseguidas pola Inquisición e os Xustizas reais, o número das procesadas chegou a ser tal que os inquisidores dicían que Galicia estaba "muy afligida por esta plaga". En procesos que se lles incoaron declararon algunhas, sometidas a tormentos, que falaban cos defuntos,que podían desmaiar unha persoa sempre que quixesen facéndolle sinais con cruces na fronte; que curaban coas herbas de dezaoito cemiterios; que facían volve-lo leite ás amas por medio da ruda, o ourego e outras herbas; e moitas afirmacións deste tipo, debidas en gran parte a histéricas alucinacións.

supersticiosa de que o belisco dunha meiga abonda para que o que o reciba fique enmeigado, se non llo devolve de contado; e esta crenza lendaria orixinou o costume de beliscarse entre si as mozas, poñendo cada quen singular empeño en devolver ó punto o belisco recibido. As meigas puideron ser en orixe druidesas; e, en resumo, o antídoto máis eficaz contra delas parece ser o de levar un allo no peto.



Algunha copla dos maios de Leiro do 2005


OS DO AVIA

Río Avia, río Avia,
que eres de Leiro a envidia,
antes tiñas vida enteira
e hoxe non tes nin vida.

Eu coñezo as túas penas,
eu coñezo a túa dor,
que choras, maldizoado,
o teu antigo esplendor.

¿Quen che roubou a ledicia?
¿Quen che roubou a hermosura?
¿Quen fixo de ti, meu río,
esta perenne basura?

¿Onde están aquelas troitas
que eu pescaba de pequeno
sen máis que acercarme ó río
cun caxato e un anzuelo?

¿Por qué xa non hai anguías,
nin peixes nin troitas bravas,
que hai que andar botando crías
doutros sitios e outras razas?

Antes chegares ó río
á tarde ou á madrugada
era coma estar no ceo,
de limpo e claro que estaba.

Hoxe chegares ó río
é fartarse de chorar
que fede coma a carniza
de sucio e triste que vai.

Veñan pontes e paseos,
veñan bancos e veredas,
pero eu prefiro, señores,
o río Avia daquela..

Leiro, maio 2005
(Estas coplas acadaron o primeiro premio)

OS DO ALBARIÑO

Abariño no Ribeiro
e Ribeiro no Salnés,
aquí parece que o mundo
vaise poñer do revés.

É unha caste curiosa
de acios tan pequeniños
que pra facer unha cesta
compren máis de cen racimos.

Ten un sabor delicioso,
anque peca de acidez,
combina coa treixadura
e, se non hai, co jerez.

E van os da Cooperativa
e plantan miles de cepas
alá na cima dos montes
e o personal nin se entera.

E sacan un albariño,
albariño do Ribeiro
que ten un sabor a gloria
aínda que sexa o primeiro.

Levántanse as Rías Baixas
toda a terra do Albariño
e xuran que é imposible
que poida ser un bo viño.

E acoden ó señor Fraga
pra que dirima a contenda,
e dálle un señor de Sarria
a razón a Pontevedra.

O Ribeiro non recúa
e segue co albariño,
mal lles pese ás Rías Baixas,
aquí faise moi bo viño.


O albariño é unha caste
como o é outra calquera
e aquí seguirao habendo
mentras se cultive a terra.

Ós das Rías non lle gusta
que plantemos albariño:
que leven a treixadura
e fagan eles o mismo.

(O Ribeiro maio 2005)

O FUTURO DE LEIRO

Levántate, maio,
que tanto durmiches,
pasou o inverno
e non o sentiches.

En Leiro fan pontes,
en Leiro hai paseos
e non queda nada
pro noso colexio.

Agora que temos
pronto as eleccións,
a ver se se acordan
un pouco de nós.

Queremos piscinas
e un pavillón
pra non nos mollar
xogando ó balón.

Falar solo falan
cousas de maiores,
e nunca se acordan
que foron menores.

Aínda que somos
moi poucos meniños,
somos o futuro
deste municipio.

Se non nos tratades
con moito máis mimo,
cando seades vellos,
ides pro asilo.

(Leiro, maio 2005)

OS FUMADORES

Xa non se podía
tomar un vasiño,
e agora non deixan
fumar un pitillo.

Dille adiós ós bares
e adiós ós amigos
que de hoxe en adiante
todo está prohibido.

Os bares que teñen
menos de cen metros´
¡a ver o que fan
con este decreto!

¿E que bares teñen
os cen metros libres
para deixar uns trinta
pros empedernidos?

Estes do PSOE
nin fuman nin beben,
por iso non paran
de sacaren leis.

Vos falades moito.
Queríamos vere
se vos fumarades
como miña mullere.

Ó que non ten vicios,
todo lle dá igual,
pero ós pecadentos
séntanos fatal.

A eses que vos dá
por quedar na cama,
que vos veña un decreto
que toque a diana.

E quen vos vería
arreo berrare,
se os que gobernan
vos fan madrugare.


A eses que lle dá
por tomar café,
se o prohibiran,
quería os eu ver!

Quen máis ou quen menos
temos algún vicio
e se no lo quitan,
dannos no fociño.

¿E ós que non fumamos
darannos un premio,
por cumprir coa norma
ou será o mesmo?

Se o que fuma enferma
fodendo os pulmóns,
tamén fode os cartos
das contribucións.

Lóxico sería
que ós que non fumamos
nos deran un premio,
que nós aforramos.

O que non é xusto
que o fumador activo
leve o mesmo trato
co que é pasivo.

Eu non fumo nada
e a muller non para
e acaba cos cuartos
chupada a chupada.

Moito prohibir
e moito multar,
eu penso que esta lei
pouco vai durar.

O Rajoy que fuma
puros de a metro
en canto que gañe
quita este decreto.

(O Ribeiro, maio 2005)

OS CASAMENTEIROS

Que casen os gays,
tamén as lesbianas,
a ver se alguén casa
que fai boa falta.

Téñenche ben ganas
de armar esta bulla,
se xa ninguén casa
que solo se xuntan.

¿Vos vedes que os mozos
se queiran casar?
Se a eles vailles ben
so con se arrimar.

Hoxe van con esta
e maná co aquela,
e o próximo día
vaise coa que sexa.

E chegan os gays
(xa lle tiñan ganas)
e queren casarse
cos da mesma rama.

E que uns tolean
coesto do casorio
e outros xa rabean
por coller divorcio.

Veredes que pronto
se vos quita a idea
de andarvos casando
que é cousa moi vella

E así anda o mundo,
naide está contente,
co que ten a man
e busca o de enfrente.

Algo lle verán,
algo ten que tere
o de home con home,
muller con mullere

Se non o probaches
non podes falare,
falas de memoria
e podes errare.

Se ós homes lles gusta
calquera muller,
non é raro que a elas
lles gusten tamén.

¡Que muller fai ascos
de un tipo Brad Pitt!
Pois hai homes que
lles fai tin ti lin tin.

É que en amoríos
non hai regla exacta
e to quisque quere
meter ben a pata.

Cousa de costume
de aquí a cen anos
será moi corriente
ver a gays casados.

(Maios 2005)

COPLAS DE SANTA CRUZ

Coidado ourensáns
poñede moita atención
iste maio vén triste
moi triste e chorón.

O noso maio é
dun pobo labrego
parente dun cacique
e fillo dun crego.

Por iso vén á capital
na data deste día
en busca de Euros
e tamén de xusticia.

Eiqui estamos nós
como os outros anos
falando dos problemas
e cantando os maios.

Cantar cantan algúns
outros tristes andamos
por mor da Autoestrada
que nos ten amolados.

¡ Viva Fraga e Baltar
viva Nuñez e Cabezas
vivan os veciños
que sin casa quedan!

Quen fora Xílgaro
para poder voar
lonxe distes caciques
que nos fan rabear.

Os veciños diste pobo
non queremos esa xente
nin tampouco os caprichos
do señor vicepresidente.

0 traballo do pobre
non vale tres cadelas
o do rico é valioso
e nin tocarlle as cancelas.

Uns pedimos e berramos
¡ Solidaridade e Xusticia!
outros fan o xordo
e descoñécenas a maioría.

Temos dous equipos
e tamén dúas asociacións
cando estaremos unidos
como as institucións.

Pobre pobo o noso
a envexa mátanos
a Asociación vendeunos
e aAutoestrada divídenos.

Hai que descubrirse
ante o noso Alcalde
que fai moitas obras
no centro e de balde.

Os barrios e pobos
siguen coma sempre
para que facer obras
si somos os de sempre.

O pobo de Ourense
ten políticos listos
por iso ZP nombrou
dúas ourensáns ministros.

Pagamos a cotización
a Segundade Social
para estar nunha lista
do noso Hospital.

En tanto a Xunta
discute o asunto
vanse quedando
os sanos difuntos.

O Plan Galicia
non se verá acabado
porque vai a velocidade
dun tren escangallado.

Que fondo secreto
desta terra sufrida:
o Ave non chega,
misterios da vida.

Pronto son eleccións
a Xunta está escamada
porque PSG e BNG
vanlle dar a estocada.

Con tantos problemas
esquecemos a noticia
de que España quere
un fillo de Letizia.

Letizia non se embaraza
Cristina vai polo cuarto
e o Urdangarin pregunta
se lle chegaran os cartos.

Os do principado
van ter que agardar
para ver si seu principe
se vai a casar.

Agardar, agardaron
o Carlos e a Camila
puxeronse nerviosos
e tomaron unha tila.

Tamén toman tila
os politicos vascos
para dar os mitíns
necesitan uns cascos.

O Papa xa morreu,
a xente está de luto,
a ver qué tal se porta
o novo sustituto.

Os nosos políticos
sonche uns badanas,
quizás se lles dera mellor
facer as carrilanas.

Se queres ver carrilanas
ben feitiñas e de cores
achégate a Santa Cruz
pois temos as mellores.

As festas non facemos
os veciños de Arrabaldo
porque iste ano
andamos como o caldo.

Vigo está de festa
o Celta é campión
ten un posto seguro
na primeira división.

A crise do Madrid
xa esta superada
ganoulle ó Barça
e salvou a tempada.

O Arrabaldo no é
de primeira división
pero os rapaces xogan
con moita ilusión.

Nesta tempada
fómonos de festa
moito non gañamos
por dormir a sesta.

O Sant. Cruz si gañou
a terceira rexional
pronto xogaremos
na liga nacional.

Chora toda Asturias
pero de ledicia
e non ten que ver
con Felipe nin Letizia.

A causa eche outra
tamén é asturiano
chámase Fernando
e empezou. ben o ano.

Que sexa campión
é o que desexamos
que Schumacher non gane
é o que agardamos.

Levantamos o maio
deixamos de cantar
marchamos correndo
a intentar cobrar.

Ainda nunca cobramos
o premio das coplas
pero si vos desexamos
pasar un bo ano.

Os maios


A Festa dos Maios ten a súa orixe na prehistoria cando os primeiros homes se preguntaban sobre esa forza renovadora que cada ano , trala época das chuvias e o frío, facía abrollar a semente e revestía os campos de variadas cores. Nunha sociedade neolítica a dependencia do ciclo regular das estacións, da forza da natureza, provocan o nacemento do culto a "deidades" do mundo vexetal coma certas árbores.

En calquera caso, o que si parece claro é que nun principio os maios naceron como un ritual para invocar dos deuses a protección dos productos sementados na terra. Trátase dun rito agrario, encamiñado a propiciar boas colleitas, un rito para favorecer a fecundiade da terra por medio da arte (maios), a música e a poesía (coplas). Por iso a festa celébrase na primavera, un tempo no que a terra empeza a desperezarse e a despertar do seu longo sono invernal, un tempo no que a vida empeza a xermolar por todas partes. Celébrase a despedida do inverno, o frolecer das plantas e a chegada dos primeiros froitos.


A dos maios é unha festa pagana, anterior á chegada do cristianismo. Pero como moitas outras foi cristianizada, e por iso moitos dos maios levan na cima unha cruz, e por iso mesmo en moitos sitios a festa dos maios celébrase o día da Santa Cruz (3 de maio).

Nos tempos modernos, os maios volveron a converterse nunha festa "pagana" ou "laica" e romperon tamén o cordón umbilical que tiñan coa agricultura e convertéronse en festas "urbanas", ligadas fundamentalmente a colexios e a grupos e asociacións culturais. Na maior parte dos casos é unha festa organizada polo concello dunha cidade ou vila. E, para motivar a participación, a festa acompáñase ordinariamente dun concurso no que se reparten diferentes premios.

Hoxendía, os maios constan de dúas partes:
- Por un lado, están os maios propiamente ditos, que son "momumentos" feitos cunha estructura de madeira, que se reviste con musgo, flores, carrabouxos... procurando empregar sempre elementos naturais. Poden ser de dous tipos: os que teñen forma cónica ou piramidal, que son os enxebres ou tradiccionais; e os maios artísticos, que teñen forma libre (pontes, eirexas, carros de vacas, cruceiros, muíños, minicentrais... ou calquera outra forma que non sexa cónica nin piramidal).
- E, por outro lado, están as coplas, que son versos normalmente de seis sílabas, en estrofas de catro versos cada unha, con rima asonante nos versos pares. As coplas poden ter contido literario referente á primavera, pero o máis normal é que teñan un contido satírico referido a acontecementos recentes. Esta crítica céntrase na maioría das veces en asuntos locais, moi cercanos á xente do pobo no que os maios se celebran. É moi habitual aproveitar as coplas para criticar ós políticos locais lembrándose das súas promesas incumpridas e pedíndolle determinadas obras ou melloras que o pobo bota en falta, como pode ser un polideportivo, o arranxo dunha rúa, o adecentamento dun parque, ou calquera outra cousa. Segundo reza a tradicción as coplas cántanse o día dos maios e o mellor que pode pasar é que o público aplauda a rabear e ría con ganas




Curisidades acerca da queimada

Pincha aqui
O que nun principio era unha idea un tanto peculiar , alguen o puxo en marcha, e hoxe hai un verdadeiro kit de queimada,

A queimada conxuro

A receita da queimada





Os ingredentes son:
1 litro de augardente
1 limón
150 gramos de Azucre


Nun recipiente de barro botase aguardiente e o azucre, na proporción de 100 gramos por cada litro de augardente. Engadense as cascas do limón, os sete graos de café ( se se quere podese engadir trozos de frutas). Aparte, nun cazo de barro pequeno,botase un poco de azucre e augardente e prendese . Moi a modo, acercase o recipiente ata que o lume pase de un a outro. Remexese ata que o azucre se consuma. No cazo pequeno, botase un pouco de
azucre, esta vez seco, e colocándo sobre a queimada remexese ata convertelo en almíbar, que se vai botando sobre as chamas e remexendo, esperamos a que as chamas teñan una cor azulada.E DISE O CONXURO MENTRES SE REMEXE!

Orixe da queimada

Nas culturas celtas, As chamadas culturas castreñas, desconoñecian a escritura pero deixarón a su herencia esculpida na pedra, nos petroglifos abundan os símbolos espirales e sobre todos eles destaca un, O TRISQUEL,
é unha especie de cruz con tres cabezas, son moitas as suas interpretacions, pero a máis común é que representa os tres elementos básicos da vida del hombre: A TERRA, A AUGA e O LUME.

Son os mesmos tres elementos esenciais nos que se basa a primitiva queimada:
A TERRA: simbolizada na queimadeira o pote de barro, esa terra orixen e destino do home, está presente en todalas culturas; A Terra simbolizada nas diosas nais, Gea, Isthar o Pachamama ou como lemos no génesis do mito xudéo-cristiano: "O sexto día colleu un trozo de barro e cun soplo fixo ao home a sua imaxe e semellanza"



A AUGA: cada gota de augardente, é unha lágrima da nai Terra xerminada en forma de graos de uva, sangue fecunda que se fundirá no noso corpo a través da pócima, unindonos a terra dos nosos ancestros, a nosa historia.



O LUME: Que danzará libre no barro prendido no aguardente serviranos, para purificarnos, alumbrarnos e quentarnos.


A esos tres elementos básicos
da natureza, a través da historia añadironselle novos elementos, os frutos que o home coas suas mans soubo arrancarlle a Terra. Quizáis o único xenuino, común a todalas meigas, sea o chorro de MELque se añadía para dulcificar o trago do forte brebaxe. Normalmente poñiase no fondo da pota para que lle dira ese sabor característico do caramelo. A mel, fruto del las abejas, simboliza mejor que ningún otro alimento el trabajo y la solidaridad entre los miembros de una misma especie.

Hoxe elaboranse infinidade de combinacions, usanse novos productos que antes non se empregaban, incluso alguns nin existían, xa que son foráneos, descoñecidos en Galicia
hasta fai uns poucos seculos.
alguns deles:


AZÚCRE:
Branca e doce, símbolo da pureza e da inocencia, endulza o brebaxe e recordanos que a queimada é purificadora e o bebelo axudaranos a superalas lacras da soberbia, a envexa, u o egoísmo.

CAFÉ: Exótico, símbolo da universalidade e a mestizaxe do home, engadiremos sete graos para lembrar que o umbral das nosas sete provincias galegas debe seguir aberto para acollerno seu seno a cantos emigrantes e peregrinos chamen as suas portas.
Un por Modoñedo,
outro por Betanzos,
por Lugo o terceiro.

Otro por Tuy,

un quinto por Ourense,
otro por Coruña
e o último por Compostela

 
ir arriba