Mostrando entradas con la etiqueta Lendas populares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lendas populares. Mostrar todas las entradas

O Meniñeiro


Duende simpático onde os houber, nada molesto, e que ten unha moi especial predilección polos cativos, tal e como ocorre cos seus parentes cántabros, os cuines. Manifestan de xeito ostentoso o seu cariño cara aos humanos do seu mesmo tamaño e seguramente a eles se refire o Padre Fuentelapeña cando, recollendo datos de distintas fontes do século XVII, escribiu o que segue:
Os duendes, por unha parte alédanse cos nenos e non cos grandes, pois aínda que estes téñeno visto varias veces, non os viron con aquela faciana leda co que o soen ver os nenos, segundo eles o refiren.

En lentille,e en Ourense en xeral, existe a crenza de que é o meniñeiro quen fai sorrir aos nenos acabados de nacer. Por esa razón, se o pequeno está triste e non se ri é sinal inequívoco, para eles, de que o duende non está na casa

A lavandeira


Sorprenden ao camiñante pola noite mentres lava a roupa convidando a esta a que colabore. Esta persoa ha de facelo pois do contrario estará exposta a serias desgrazas.

O seu aspecto é totalmente común, é como calquera outra anciá diferenciándose porque as pezas que lavan están manchadas de sangue.

Créese que estas roupas que lava están manchadas da súa propia sangue como consecuencia dun mal parto.

Dise que a lavandera non pertence ao reino dos vivos.

O modo de liberarse dela é pasar de longo sen dirixirlle palabra algunha.

Marimanta


É unha anciá fea e encorvada que porta sobre a súa costas chepuda un saco pedindo humildemente esmola. É conveniente cumprir o seu desexo porque trátase da muller do saco, quen rouba nenos e fainos desaparecer.

Créese que Marimanta non é do país, se non que veu de lonxe, probablemente por mar na época dos celtas.

Ao menor descoido mete a un neno no seu saco e desaparece. Por iso, se o saco vai avultado, debese deter e sacudir ata que solte a súa peza de roupa, así liberarse á vítima que, doutro modo nunca máis se volverá ver.
O que aínda ninguén puido saber é a onde leva as criaturas que secuestra.

Dama de Castro

Todo aquel que atope a esta meiga non recibirá máis ca ben si lle pide axuda ou consello, pero non e fácil atopala pois vive baixo castros milenarios ou baixo terra nun castelo de cristal.

E fácil distinguira pois leva sempre un longo vestido branco de cola como si acudira a unha ceremonia de boda.

Como goza de benestar e fortuna ningún tipo de halago ou favor serven para recibir consellos ou agasallos. O contrario soe aparecerselle a persoas aflixidas por algunha situación difícil da sua vida, e a esas persoas de condición humilde concedelle os seus favores.

A santa compaña

Foi unha vez que un pai e mais un fillo, que xa era home, viñan dunha viaxe e tiveron a desgracia de seguir, sen se deporcatar e sendo noite, un camiño que pasaba preto do adro dunha igrexa. Dándose de conta do mal que lles traía o seu descoido ó se atopar nunha revolta coa Santa Compaña, que ó ser as doce sae do cemiterio para facer a súa rolda.

Pai e fillo viron arrepiados as luceciñas verdeás dos fachos que portaban as almas en pena e oíron o borboriñar dos pregos dos defuntos e, daquela, foi tanto o medo que gañaron que quixeron fuxir a escape sen o conseguir, porque o vello, xa canso e de pocas forzas, tropezou e caeu de contado sen folgos nin azos para se valer. O fillo chegou un pouco máis lonxe, pero mellor lle fora caer coma o pai para se aforrar moitos contratempos, xa que, coma o vello, tampocuco tivo forzas nin saber para riscar no chan o circo e poñerlle no medio a cruz, como é ber para se librar das cousas do outro mundo en meténdose un dentro.


O pai, ó caer no chan, afociñado, quixo comprender que a Santa COmpaña para por riba del, pois sentiu ben no corpo como o tripaban as pasadas dos defuntos, deixándoo esmendrellado; fixo un esforzo erguendo un pouco a cabeza para mirar se vía ó fillo, mais, como era noite, non o viu. Escoitou un pouco e non oíu cousa. Sen dúbida, levárao a Santa Compaña para portar a cruz, o caldeiro da auga benta e mais o heizope. O pai, daquela, perdeu o acordo e non foi home ata o abrir do día. Estaba canso e sen forzas, doíalle o corpo, quixo porse en pé e as pernas non termaban del. Ó cabo, mal como puido, case ás arrastras, foi facendo o camiño da casa. O fillo aínda non chegara e el, perdida a cor e esgumiado, máis semellaba un defunto.


Ó rapaz atopárono logo os veciños. Apareceu durmido pé do cruceiro da parroquia, collendo nunha aperta o talo da cruz. O pai apenas tardou tres días en morrer e o fillo durou pouco máis tempo, mais ben pouco foi. Ninguén conseguiu del que dixese cousa, porque o que vai cos defuntos, aínda que queira, non pode dicir o que ve nin o que lle mandan facer e tampouco quen é o que o fai: non pode virar a cabeza para ver o que leva detrás de si, por eso nunca ninguén dá razón.


O único que lle é doado facer ó que vai coa Santa Compaña, se é que se sabe dar xeito é, se atopa a outro desgraciado no seu camiño, o porlle nas mans a cruz e o caldeiro de auga benta e máis o heizope, librándose de seguir el ó deixar a outro no seu canto, mais, dende que o fai, e pouco o que tarda en morrer, pois co seu rudo traballo de po-la noite, perde a cor e vai esmorecendo cada día máis, mirrándose pouco a pouco.

A muller Lobo

Había alá en tempos, en Castela, un pai que tiña moitas fillas; unha delas comía moita carne: canta máis lle daban, máis comía. Un día o pai díxolle:

— Inda vaias comer carne cos lobos ó monte.


Foi palabra maldita. Naquela noite desapareceu sen saber que foi feito dela. Saíu e envorcallouse na area e volveuse unha fada. Unhas veces andaba de lobo e outras de muller. Foi desandando, desandando ata que chegou ó Cebreiro e ás Canellas de Agras de Tosende (Ourense). Por estes montes andou moito tempo de capitana dos lobos, facendo moitos estragos na facenda e na xente (esto cando estaba de lobo). O paradoiro era no monte do Cebreiro. Cando estaba de muller acendía o lume e xuntábanse os lobos darredor dela, e non lles deixaba facer mal ningún a ninguén.

E unha vez que viñan os do sal de Portugal, cando o sal estaba estancado, os lobos quixéronse botar a eles para os comer, e ela non os deixou, dicíndolles:


— Quietos, deixádeos pasar.


Así andou moito tempo, ata que lle levantaron a fada. Adoitaba ela ir comer fariña a un muíño e, unha vez cadroulle de estar o dono dentro; e quíxose meter por baixo da porta coma sempre, e ó meter a pata viuna o muiñeiro e cunha navalla quíxolle cortar a perna, e ó principiar a cortar, foi e meteu un berro e volveuse unha muller. Así que se viu muller tratou de ir para a súa casa preguntando de aldea en aldea ata que chegou á casa, e cando chegou tiveron moita alegría. Para o verán que segiu foron os de Tosende á sega a Castela e foron segar á casa da tal; entón preguntoulles de onde eran, e dixéronlle que eran de Tosende e de Aguís:


— Pois esas aldeas coñecíanas eu ben, e coñezo o Cebreiro e as Canellas de Agra.


— ¿E logo, como é para as coñecer?


— Pois tiven que andar por alí de fada, e fixen moitos estragos e por ningún tiven tanta pena como por un rapaz que comín, e eu estábao despedazando e el rindo cara min.



E, pois, aínda se fala por alí desa fada e agora que se estaban moi a gusto dende que ela faltara.

A man amputada nas Burgas

No convento de San Francisco de Ourense custodiábase unha man que pertencera a unha muller que a perdera na fonte das Burgas por ir lavar a roupa alí o día de San Antonio. A muller, sen reparar no día santo que era, seica dixo: —¡San Antonio non me vén lavar a roupa! E por aquela soberbia quedou sen a man. Vicente Risco ...

A vella Queimada

Hai moitos anos nun pobo de Galicia, vivía unha vella que era tan mala coma unha meiga. Un día, tres homes do pobo decidiron darlle unha boa malleira.
Os tres homes foron á casa da vella, cada un co seu pau. Entraron na casa e alí encontráronse coa vella e déronlle unha malleira de morte. A vella, antes de morrer, botoulle unha maldición a un deles.
Os homes, por medo a que os descubrisen, foron a un forno que había alí cerca e queimárona.
O home, ó que lle botara a maldición a vella, foi un tempo ó cárcere e cando voltou encontrouse coa vella que regresara do inferno para levalo a el. Unha vez xunto do home arrancoulle o ril e comeuno, e o mesmo fixo, días despois, co fígado, páncreas, pulmóns...
Aquel home apareceu morto dun golpe na cabeza; os médicos que o atenderon e lle fixeron a autopsia sabían que non morrera diso, pero non se atreveron a decilo, pois estaba baleiro por dentro.
A vella cumprira a maldición»

A cova da serpe de Punxin

En Punxín, (Ourense), había unha serpe moi grande nunha cova. Se alguén entraba alí era hipnotizado pola serpe e xa non podía saír.
A xente reaccionou e decidiu taponar a entrada da cova para evitar máis desgrazas. Así o fixeron pero, ninguén sabe como, a serpe puido fuxir.
Disque conseguiron detela usando maxia pero todos teñen medo a que a cobra poda reaparecer en calquera momento.

O arco da vella


Contan os máis vellos que cando aparecía o Arco da Vella, debiamos fixarnos moi ben onde "ía beber" (referíanse con esta expresión ao lugar da terra ou do mar onde nacía ou a onde chegaba o arco da vella) porque, de escarvarmos nese lugar, atopariamos un tesouro.

A mora da Arnoia

Nese penedo que hai no medio do río, un pouco máis abaixo da primeira ponte, estaba un día unha moura peiteando unha rapaza cun peite de ouro. Pasaron por alí uns segadores e a moura preguntoulles qué camiño levaban. Como os segadores lle dixeran que ían para Castela, a moura díxolles:

— Pois eu teño alá uns parentes e agradecereivos qeu lles levedes este regalo.

Así o fixeron os segadores e, cando o entregaron, o que o colleu, tan pronto lle botou a man, estoupou e quedou esnaquizado. Cando volveron para Galicia, a familia do que morreu delles ós segadores unha faixa de seda para un meniño co encargo de que lla entregase á moura de Arnoia para que esta lla puxese ó seu fillo, e ós que a traían regaláronlles unha madeixa de seda moi pequeniña, dicíndolles que aquela madeixa non se acababa nunca, e que lle encargasen moito á súa muller que, cando tecesen teas, ninguén as vira, porque senón acabábase no mesmo momento. Chegaron a Arnoia os segadores e entregáronlle a faixa á moura. Esta colleuna e púxolla a unha cerdeira que estaba chea de cereixas e, naque mesmo momento, a cerdeira estoupou.

O segador que traía a madeixa entregoulla á súa muller, encargándolle moito que ninguén a vise tecer. A muller púxose a facer varas e máis varas de tea e a madeixa nunca se acababa; mais un día, estando na cociña tecendo, entrou unha veciña, viuna e, de repente, acabouse a madeixa.

A lenda de San Wentila

Wentila era un ermitán que vivía nos montes de Punxín, entre as parroquias de Santa María de Punxín, e Santa María de Freás. Como adoita suceder nestes casos, era un home sabio e bo.

De tal xeito que cando morreu aquel home bo os fregueses de Punxín querían enterralo na súa igrexa, e os fregueses de Freás querían o mesmo para a súa. Asique chegaron a un acordo: poñerían o cadaleito nun carro con dous bois e deixaríano na metade entre os dous pobos. Os bois decidirían onde se enterraba San Wentila dependendo do camiño que tomaran.

Para quen non coñeza este fermoso concello, dicir que Punxín está no val que atravesa o río Barbantiño, mentres que Freás se atopa nas ladeiras da montaña, perto xa de San Amaro. E, claro está, os bois tiraron para Punxín, por ser costa abaixo. De ahí que o San Wentila esté enterrado (e esto xa non é lenda, porque ali se atopa o sepulcro) na igrexa de Santa María de Punxín, desde hai varios séculos.

San Wentila é o patrón de Punxín, onde se celebra o día na súa honra coincidindo co luns de Pascua. É o único lugar do mundo onde se venera a este santo. Por certo que Wentila é de orixe polaca (da Galitzia polaca) e en tempos houbo varios Wentila en Punxín.

A lenda do puzo do Lago


Os habitantes desta poboación eran campesiños. Case todos acostumaban a darlle algo ós pobres vagabundos que por aló pasaban. Pero un día de verán, apareceu un home que parecía ser un mendigo pola roupa vella que levaba.

Segundo din, este era Xesúscristo disfrazado. Pediulle algo de comer a algún veciño, que decidiron facerlle un pan.

Colleron o necesario para metelo ó forno. Cando o sacaron viron que aumentara demais e non llelo deron. O mesmo pasou a segunda e terceira vez. Entón decidiron facerlle un pan de borralla para non estropea-la fariña. Cando o sacaron déronllo ó mendigo, (Xesúscristo). Este viu tódalas malas accións daqueles homes e decidiu castiga-lo pobo dicindo:

Lago, eu sulágote
co de arriba para abaixo

E así foi como esta poboación fica agora debaixo da auga. A este lugar chamáselle agora Puzo do Lago. Agora fíxose unha pista para carreiras de cabalos ó redor do Puzo.

 
ir arriba